Número 161 - 12 de novembro de 2012
 
 
14 DE NOVEMBRO, FOLGA XERAL LABORAL E DE CONSUMO

    Alentar a folga, consolidar o futuro. Con creatividade sindical e persistencia é como a clase traballadora, e o conxunto das clases populares, debemos afrontar a convocatoria da folga xeral do vindeiro 14 de novembro. Para devolver a folga ao que é: unha obra colectiva das traballadoras e traballadores por riba das cisións, das exclusións, das imposturas. Unha ferramenta para superar aos poucos os estreitos patróns dunha vida que nos vén dada. Desta sociedade composta de violencias, opresións, exclusións, desigualdades, vidas esgazadas.

UNIVERSIDADE

    O venres pasado o xerente convocou aos representantes da Comisión Mixta (Xunta de PAS-Comité de Empresa). Nesta reunión tratamos sobre:
     
    Nova instrución sobre desconto económico en caso de IT.
     
    Irregularidades no desconto da catorceava parte do salario ao PAS laboral.

RPT PAS LABORAL

    A semana pasada tivemos unha reunión co xerente e vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías para analizar o proxecto de RPT no que respecta ao Servizo de Informática e Comunicacións.

LABORAL

    A Sección Sindical da CUT na CRTVG vén de xuntarse para preparar no centro de traballo unha folga que foi considerada unanimemente como urxente e necesaria.

LABORAL

    O Hotel NH Obradoiro, baixo a Dirección do moañés Esteban Iglesias (foto) vén de despedir a David Rei, do departamento de mantemento, e responsábel da Sección Sindical da CUT no centro, cunha significada traxectoria en defensa dos dereitos sindicais e colectivos do conxunto dos traballadores e traballadoras do centro.

DESAFIUZAMENTOS

    A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE (TUE), Juliane Kokott, ditaminou o xoves que a lei estatal de desafiuzamentos vulnera a normativa comunitaria porque non garante unha protección eficaz dos consumidores fronte a posibles cláusulas contractuais abusivas nas hipotecas.

FOLGA XERAL 14N

    A Federación Rural Galega (Fruga) lanza un chamamento á poboación do medio rural a secundar o paro convocado polas centrais sindicais o vindeiro 14N.

SANIDADE PÚBLICA

    Hoxe diríxome a ti, o teu que tantas veces me pediches axuda para que aliviase a túa dor, as túas náuseas, o teu malestar. O ti que tantas veces me colliches da man para que me quedara un pouquiño máis á beira túa para contarme o que neses momentos che preocupaba.

FOLGA XERAL 14N

    A organización FACUA-Consumidores en Acción fixo un chamamento para que o próximo 14 de novembro a folga xeral sexa "total" e prodúzase unha paralización do consumo no país para dar resposta ao "cúmulo de agresións" do Goberno central.

ECOLOXÍA

    A gravidade do problema reside en que este é soamente o inicio dun plan de megaminaría a ceo aberto que pode literalmente arrasar todo o territorio galego. Nunha primeira fase están previstas 7 explotacións de ouro e prata a ceo aberto como a de Corcoesto, espalladas por todo o territorio galego, o que co tempo suporá un desastre de grande magnitude a nivel de saúde pública e de destrución ambiental.

CRISE?, QUÉ CRISE?

    Os conselleiros das caixas de aforros perciben unha retribución media anual de 164.000 euros, segundo consta na Memoria Sectorial RSC 2011 elaborada pola Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA). Iso é o que chaman "crise"...

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Poida que haxa quen non se decatou a estas alturas de que o vindeiro mércores hai folga xeral. E non será por culpa dos convocantes, que fan todo o que poden por difundila, senón máis ben do piquete antifolga, que esta vez parece máis discreto que outras veces.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O pasado xoves volvemos a mobilizarnos e continuaremos mentres a situación non cambie. Despois da folga xeral a mobilización non debe reducirse, todo o contrario, debemos reforzala.
 CUT - 14-N, FOLGA XERAL
    Comeza a recta final da folga xeral do vindeiro 14 de novembro, e con isto, os teatriños de cartón do sindicalismo institucional. Hai que establecer os servizos mínimos nas administracións públicas e tanto as Direccións Xerais como as centrais sindicais maioritarias despregan unha morea estremecedora de cifras, referencias a sentenzas deste ou aquel tribunal e a cordialidade, a pax social, preside un trámite malchamado "negociación", onde a administración impón unilateralmente a súa vontade vulneradora da folga e os de sempre, as centrais sindicais de sempre, non se incomodan de máis porque, no fondo, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública a calefacción central ficou prendida. Na rúa sempre fixo máis frío.
 LABORAL
    Os traballadores e traballadoras da delegación de Galicia do xornal El País concentráronse en Compostela para defender a continuidade da información galega no xornal, xa que a dirección do periódico eliminou o caderno de Galicia e limitou a información do país a dúas páxinas. A empresa ten presentado un ERE para eliminar 149 postos de traballo e na redacción de Galicia só quedarían catro dos actuais 12 traballadores, mentres que colaboradores/as e columnistas perderon tamén o espazo para publicar.
 OUTRO ASASINATO CAPITALISTA
    Unha muller de 53 anos morreu na Barakaldo tras arroxarse pola fiestra cando unha comisión xudicial ía proceder ao desafiuzamento da súa vivenda
 XUSTIZA
    O Consello da avogacía galega arremete contra a "traizón" de Gallardón por quitar adiante o proxecto de lei sen contar coa valoración d@s letrad@s e non descartan mobilizacións "todas as semanas ou todos os meses" até que o goberno español recúe
 FOLGA XERAL 14N
    Participa na protesta do día 14 de novembro contra a política de recortes de dereitos laborais, do desmantelamento do Sistema de Benestar Social e de privatización da sanidade pública.
 14N FOLGA XERAL
    Reivindicamos o recoñecemento do traballo doméstico e a urxencia dunha folga de coidados, ademais do paro indefinido.
 LABORAL
    Proporá tamén subir a 33 os anos de cotización para poder acceder a esta modalidade de xubilación.
 LINGUA - ProLingua
    Cando o pasado 25 de outubro tivemos noticia da publicación do Terceiro informe do Comité de Expertos con respecto a España en relación coa Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, en ProLingua formamos un grupo de traballo propio capaz de traducir o referido á situación da lingua galega e de elaborar unha rigorosa análise
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript