Número 160 - 05 de novembro de 2012
 
 
UNIVERSIDADE

    Paga de Nadal, desconto da catorceava parte do salario. A Xerencia, despois das protestas, dos recursos realizados e do informe dos Servizos Xurídicos da Universidade, efectuará a devolución do descontado e do que se requiriu para devolución nos casos de liquidacións realizadas antes da publicación da Lei.
     
    Diante da publicación da Instrucción sobre desconto salarial en caso de IT emitida pola Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela a Xerencia da UDC modificará a que publicou.
     
    Os Comités solicitan a retirada do Honoris Causa a José Luís Méndez (ex director de Caixa Galicia), solicitude que por non prosperar no Comité de Empresa non presentamos pero que, unha vez presentada pola representación dos estudantes, apoiamos.

UNIVERSIDADE - RPT

    Os días 29 e 30, cunha importante asistencia de traballadores e traballadoras, realizáronse asembleas informativas en Ferrol e Coruña, nelas, o Comité de Empresa transmitiu a súa posición respecto da proposta de RPT realizada polo xerente e tomou nota das apreciacións que se lle transmitiron por parte dos/das asistentes.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CUT – ERE NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O Regulamento de ERE contido no Real Decreto 1483/2012 abre as portas aos Expedientes de Regulación arbitrarios na administración pública.

PARO - Óliver Fernández

    Nestes tempos de crise, o subsidio de desemprego é un tema tristemente de actualidade. Fálase da súa contía, da súa duración, e mesmo de se os que o reciben deberían de estar suxeitos a certas condicións para seguir recibíndoo. Na miña opinión, todo iso son detalles que nos despistan da cuestión esencial que é, neste caso, a realidade deste "subsidio". A devandita realidade non é outra que a de que o subsidio de desemprego é un Grande Engano.

CRISE - A SOLUCIÓN NEOLIBERAL

    Catro anos despois da quebra de Lehman Brothers en setembro do 2008 -que se estableceu como o primeiro fito da crise-, a última EPA, publicada o venres 26 de outubro, sitúa a taxa de desemprego nunha porcentaxe marca do 25,02 % no Estado. Para Galiza, a enquisa arroxa unha cifra de 264.000 parados un 16,5 % máis que hai un ano.

UNIVERSIDADES GALEGAS

    Non é un gasto elevadísimo pero si, xunto con outros que xa denunciamos, forman parte da dobre vara de medir que usa a Universidade á hora de establecer onde e como aforrar.

INTERNACIONAL - 14N TAMÉN FOLGA XERAL EN GRECIA

    O Goberno grego acordou coa 'Troika' (FMI, BCE e UE) novos recortes sociais que afectarán de forma drástica á clase traballadora do país.

PERIGO INMINENTE

    En Xaneiro de 2013 a maioría de países europeos aplicarán o Pacto de Estabilidade. Un pacto que implica, entre outras cousas, serias limitacións ao gasto público; os estados veranse obrigados a limitar os seus presupostos o que afectará directamente á sanidade e a educación por exemplo.

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Leo todo o que se escribe sobre o "banco malo", e non encontro resposta a unha pregunta que me inquieta: onde poñerán o banco malo, os seus 60.000 millóns tóxicos? Fará o goberno un concurso para que as localidades interesadas presenten candidatura, como fixeron co almacén de residuos nucleares? Disputarán os pobos por quedar co banco malo? Terá beneficios o municipio que o acolla? Hai perigo de que estea en zona de risco sísmico ou inundable? E os veciños? Estarán seguros tendo ao lado un banco malo? Aceptaremos comer tomates procedentes das terras próximas á súa sede?

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Un xoves máis os traballadores da Universidade (Reitoría e Campus de Oza) sairemos á rúa para defender os nosos dereitos e loitar contra as políticas dos gobernos central e autonómico que recortan sistematicamente nos servizo públicos deixando ás clases desfavorecidas cada día máis indefensas.
 CUT - 14-N, FOLGA DE CONSUMO
    A evidente exclusión do mercado de traballo de amplos continxentes de poboación traballadora fainos considerar a articulación doutras medidas de resposta popular no seo da Folga Xeral do 14 de novembro, como é a Folga de Consumo.
 CUT - ENTREVISTA A RICARDO CASTRO
    "Esta folga non é unha máis, é unha menos das mil que faltan para mudar o rumbo da historia que nos afoga."
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O Goberno pedirá ao Pacto de Toledo que valore se, no momento actual de dificultades económicas, habería que permitir que os empregados públicos se xubilasen anticipadamente de xeito voluntario, máxime ante o custo que supoñería para a Seguridade Social autorizar esta medida, segundo consta nun informe, ao que tivo acceso Europa Press, que o Executivo enviou ao Parlamento.
 FERROL - ERE
    Os expedientes de regulación temporal de emprego aprobados entre xaneiro e setembro nas tres comarcas afectaron a 1.139 traballadores. En concreto, presentáronse 61 axustes, aínda que a maioría, como vén sendo habitual desde que comezou a crise económica, foron de suspensión temporal. Así, de acordo coa información oficial que manexa a Consellería de Traballo, os ERE de suspensión afectaron a 753 empregados, o que representa o 67% do total
 APOIO AO EMPREGO
    Unha das grandes contradicións do sistema é que, por un lado facilita o despedimento deixando á xeneralidade de traballadores e traballadoras sen expectativas laborais. Por outro lado, retrasa a idade de xubilación. Se xa é difícil atopar traballo, a certas idades e realmente imposible a non ser que estea subvencionado. Coa retirada deste acicate á contratación os traballadores e traballadoras de mediana idade estarán condenados/as directamente á pensión non contributiva.
 INTERNACIONAL - O 14N TAMÉN FOLGA XERAL EN PORTUGAL
    O Goberno portugués propuxo no Parlamento unha "ambiciosa" reforma do Estado para facelo viable ante a imposibilidade de facer máis recortes presupostarios tras varios anos de austeridade imposta polo rescate financeiro.
 LINGUA - Xabier Cordal
    Cando o franquismo rematou -desde o punto de vista biolóxico-, os seus herdeiros responderon ao clamor que esixía a presenza pública da lingua galega. Fixérono espallando a idea de que a súa “imposición” resultaba intolerable e polo tanto, debía permanecer relegada baixo o estatus da opción persoal.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript