Número 157 - 15 de outubro de 2012
 
 
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - DESCONTO SALARIAL - PAGA EXTRA NADAL

    A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, formulou varias recomendacións para mellorar a aplicación do Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

UNIVERSIDADE - XERENCIA

    O día 11, o xerente transmitiu ao Comité de Empresa e Xunta de Persoal o proxecto de RPT que vos xuntamos.
     
    Na súa presentación ao Comité de Empresa indicou que, entrega este novo proxecto de RPT correspondendo á obriga de presentalo cada dous anos. O dito proxecto ven condicionado, segundo a Xerencia, polas restricións impostas na taxa de reposición. Nesta situación, veu a dicir, que se opta pola centralización de servizos facilitándose, deste xeito, compartir os recursos.

UNIVERSIDADE - Xerencia

    Pensabades que tiñamos unha Universidade de esquerdas que ía a usar a autonomía universitaria para regular dun xeito progresista a institución preservando aos seus traballadores/as (PDI-PAS) de sufrir no seu pelexo os recortes que, noutros ámbitos lexislativos, regulamenta a dereita. Pois aí tedes unha nova manifestación de todo o contrario.

UNIVERSIDADE - FOLGA ESTUDANTIL

    Máis de 3500 estudantes na rúa nunha xornada histórica contra a reforma educativa que formula o goberno central e de rexeitamendo dos recortes en educación. Estas son as cifras que manexamos desde Liga Estudantil Galega nun día histórico no que se reivindicou un ensino público e de calidade. Máis de 2000 persoas en Santiago de Compostela, unhas 600 en Vigo e outras tantas en Ourense e unhas 100 en Pontevedra, Lugo e Coruña son datos suficientemente contundentes para afirmar, sen ningún xénero de dúbidas, que a convocatoria foi un éxito.

SANIDADE PÚBLICA

    SOS-Sanidade Pública lanza este documento de análise da situación, e propostas para a Sanidade Pública da Galiza, enmarcado nun proceso electoral que pode ser decisivo para a nosa sanidade. Pódese descargar o documente desde esta ligazón: Documento SOS-Sanidade Pública .

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O Goberno calcula que a decisión de suprimir os tres 'moscosos' e o resto de días libres adicionais de que gozaban ata agora os funcionarios en función da súa antigüidade supoñerá un aforro de 2.741 millóns de euros entre os anos 2013 e 2014.

NUNCA MÁIS CHAMA A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN DO DÍA 16

    NUNCA MÁIS convoca unha concentración o 16 de outubro de 2012, as 11:00 horas, no Recinto Ferial de A Coruña, coincidindo co inicio do Xuízo oral da causa aberta pola maré negra do “Prestige”.

21 DE OUTUBRO

    Alberto Núñez Feijóo (ANF) é "O próximo ex presidente da Xunta". Nas súas casas o vindeiro día 21, a partires das 20.00 horas.

CUT

    Desde o pasado xoves até o sábado, a Central Unitaria de Traballadoras/es, xunto a CNT e Adiante, organizou en Compostela unhas xornadas en lembranza do sindicalista galego Marcial Villamor morto no golpe franquista do 36.

LIBERDADES E DEREITOS - REFORMA DO CÓDIGO PENAL

    O populismo e o interese económico son os puntos de partida dunhas modificacións que non foron acordadas cos axentes sociais implicados.

ESTAMOS EN CAMPAÑA!!

    Setenta traballadores de Alcoa protestaban ante o mitin do PP, no que Feijóo asegurou que a orde para a tarifa eléctica xa está "asinada"

OPINIÓN - Isaac Rosa

    Hoxe é a “Festa Nacional”, e xa saben que en España non nos conformamos con ter un día festivo, facer algún pastel típico, ir ao campo ou ver o desfile, como noutros países. Aquí a Festa Nacional é unha oportunidade para dar a nota con máis visibilidade que de costume. Saímos a polémica por festa. Non hai ano en que non teñamos que contar algo substancioso do sucedido no desfile, na tribuna de autoridades, na recepción do Rei ou nas rodas coa prensa. E este ano, en pleno crescendo españolista, máis dun terá a data marcada en rojo (y gualda) dende hai semanas.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Os traballadores e traballadoras da Universidade continuamos este xoves coas mobilizacións para protestar contra a política de recortes que os gobernos de Feijoo e Rajoy impoñen na Administración Pública que continuarán o vindeiro ano coa conxelación salarial prevista nos Orzamentos do 2013.
 UNIVERSIDADES
    O Goberno impugnará as convocatorias de 15 universidades por convocar ofertas de emprego que exceden o 10% da taxa de resposición, segundo explicaron fontes do Executivo a Europa Press.
 LOITA DO NAVAL
    O Naval de Ferrol farto das mentiras e enganos por parte do Desgoberno autonómico e central do PP, recrúa as súas accións de protesta.
 O GOBERNO FALSEA O IPC
    O INE publicou o Índice de Prezos de Consumo a Impostos Constantes (que sería do 1,4%) menos elevado que o que o cálculo do IPC (3,4%). O Goberno abre así a porta a tomar como referencia este indicador para actualizar as pensións, mediante este engano que, de ningún xeito revalorizaría as pensións aforraría miles de millóns.
 GREENPEACE
    O proxecto de reforma de Lei de Costas foi presentado polo Ministro de Medio, Arias Cañete, o pasado venres 5 de outubro tras a reunión do Consello de Ministros.
 ULO A SOBERANÍA
    Lagarde pide que se dea máis tempo ao Estado Español, Portugal e Italia para reducir o déficit, Alemaña xa respondeu que diso nada e o ministro de economía da palmadas coas orellas.
 MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Santiago de Compostela unha campaña en que lembra “os principais ataques contra a lingua galega durante o goberno de Núñez Feijóo”, como “razóns elocuentes de que este home non merece ser reelixido”.
 CRISE
    Co fin 'de facto' da Lei de Dependencia, devólvese ao ámbito privado a xestión dos efectos máis palpables da crise. Os recortes sociais frean os avances en igualdade logrados nos últimos anos.
 LINGUA - Alejandro Tobar
    No Faro de Vigo do día 8 de outubro, o señor Ignacio López-Chaves publicou unha tribuna titulada Caminando hacia la libertad, onde expón as sobadas consignas que, tanto o actual presidente do Porto de Vigo como outros membros relevantes do PP olívico, veñen reiterando desde hai ben tempo (como esquecer as imaxes daquela manifestación organizada por Galicia Bilingüe en febreiro do 2009, onde o señor Chaves compartía pancarta con Rosa Díez e outros coñecidos amigos da lingua galega!).
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript