Número 156 - 08 de outubro de 2012
 
 
UNIVERSIDADE
UNIVERSIDADE - Xerencia

    O xoves día 4 remitimos a todos os traballadores e traballadoras o comunicado no que denunciabamos a actitude da Xerencia respecto da centralización do servizo de conserxería do Campus de Ferrol.

UNIVERSIDADE - FOLGA ESTUDANTIL

    Diversas organizacións estudantís e xuvenís das nacións que conforman o Estado español, entre as que se atopa a Liga Estudantil Galega, convocamos para o vindeiro 11 de outubro o «Día Internacional de Loita Estudantil» para protestar contra as reformas e recortes levados a cabo nos últimos meses en Educación e reivindicar a soberanía dos pobos

PARO

    O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego en Galicia situouse en 259.373 en setembro, o que representa un aumento de 2.106 persoas respecto ao mes anterior, un 0,82% máis. O incremento debeuse basicamente á finalización de contratos vinculados á tempada estival por parte do sector servizos.

FEIJOO MENTE - INCUMPRIU O SEU CONTRATO - 15M

    O día 1 de marzo de 2009 tiveron lugar as últimas eleccións autonómicas en Galicia. Un mes antes, o 1 de febreiro, o por entón candidato e actualmente presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu, nunha escena moi mediática, un "Contrato con Galicia", unha serie de compromisos "políticos, persoais e morais" que ía cumprir cunha nota non inferior a sobresaínte.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Menos funcionarios, pero igual número de altos cargos. Os Presupostos Xerais do Estado cifran en 474.605 os funcionarios do Estado existentes en 2013, o que supón un descenso do 2,2% respecto ao exercicio anterior.

DEREITOS DEMOCRÁTICOS

    A proposta de modular o dereito de reunión e manifestación que nestes días formulou a Delegada do Goberno, Cristina Cifuentes, pode lerse como un paso máis nesa sorte de deriva autoritaria á que estamos a pretender resistir; unha deriva que se defende, obsesivamente, como urxente, crítica e excepcional.

SOFTWARE LIBRE

    Se non coñecedes ben o software libre podedes pensar que é algo marxinal, o traballo dun puñado de afeccionados idealistas que nada poden facer fronte aos grandes da informática como IBM, Microsoft ou Apple. Nada máis lonxe da realidade...

CRISE

    O índice de miseria, que se calcula como a suma dos indicadores de desemprego e inflación, se situou durante o Goberno de Mariano Rajoy no seu máximo histórico, ao colocarse no 28,1%, o máis alto dende marzo de 1993.

25-S

    Amnistía Internacional (AI) dirixirase nos próximos días ao ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, para pedirlle, a través dunha carta, que investigue de forma "exhaustiva e independente" a actuación da Policía durante os altercados rexistrados durante as protestas do 25-S.

ACCIÓN SOCIAL - Gonzalo Fanjul

    O pasado venres o BOE publicaba unha disposición na que se anuncian subvencións por valor de 900.000 euros para as actividades de cooperación que realicen fundacións de partidos políticos...

OPINIÓN - Ignacio Escolar

    Unha rede de intereses familiares pon en evidencia ao actual presidente de Madrid.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O xoves, os traballadores/as do Abente y Lago e da Reitoría da Universidade mobilizámonos de novo. Demostramos, unha vez máis, que non imos estar parados mentres se nos recortan dereitos e se remata cos servizos públicos.
 REFORMA LABORAL
    Aos case 8 meses da entrada en vigor da Reforma Laboral co Real Decreto Lei 3/2012 ao que sucedeu despois a Lei 3/2012, todos os datos apuntan a que se confirmaron os peores presaxios.
 EDUCACIÓN
    Neste inicio de curso continúan as políticas contra o ensino público que caracterizaron o mandato do Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Morre a lexislatura que máis folgas e mobilizacións provocou no sector debido ao deterioro de servizos para alumnado e familias (comedores, bolsas de estudo) así como pola poda dos dereitos laborais das traballadoras.
 CRISE
    A pesar de que o Goberno asegurou en numerosas ocasións que as axudas á banca non recaerán sobre o contribuínte, a cifra que terá que sufragar os cidadáns ascende a 16.600 millóns de euros.
 LIBERDADES PÚBLICAS
    Morto e soterrado o ACTA agora a ameaza para a liberdade en Internet chámase The Clean IT. Alemaña, Bélxica, O estado español, Holanda e Reino Unido destinan 400 mil euros ao proxecto, do que se acaban de filtrar as primeiras propostas.
 CRISE - INTERNACIONAL
    Ante tal situación económica, analistas prognostican unha verdadeira crise política que agravará a delicada situación financeira.
 CRISE
    Co cuestionable informe de Oliver Wyman enriba da mesa e botando un pouco a vista atrás imos tratar de recordar canto nos está a custar aos cidadáns salvar o sistema financeiro.
 NON É BROMA
    Non é mentira, mentres a todos e todas nós nos rouban, polo menos, unha paga, os ludópatas e señoritos que se poidan permitir xogar nos casinos deducirán as perdas a costa de todos e todas nós.
 OPINIÓN - Ángeles Caso
    Dende hai tempo, cada mañá, despois de ler o xornal e escoitar algún informativo na radio, adoito caer durante un anaco nun proceso depresivo. Imaxino que a todos vostedes lles sucede algo parecido. Por moi ben que lles vaian as cousas a cada un a título individual, é imposible non se ver afectado por todo o que nos rodea.
 LINGUA
    Chámase Leverelem e comeza o día 5 en Pontevedra. Preséntase como o primeiro festival do mundo dedicado ás artes da fala e ao fronte das dúas xornadas sitúan dúas figuras da palabra: Xurxo Souto e Quico Cadaval. A organización vén da man da Central Folque e o concello de Pontevedra.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        Números anteriores
         
        De interese
        O sindicalismo de clase depende de tí
        CALENDARIO LABORAL 2010
        CALENDARIO LABORAL 2011
        CALENDARIO LABORAL 2012
        A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
         
        Sácalles a lingua  
         
        CONTRA O PACTO SOCIAL
        O XORNAL - información obreira
        O IMPERIALISMO NON PASARA!!
        NON AS NUCLEARES
        22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

        cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript