Número 155 - 01 de outubro de 2012
 
 
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Está claro, tal e como desde os poderes polítoco-económicos se quere dar saída á crise os recortes son o pan noso de cada decisión que se toma. Unha vez que xa lexislaron o despedimento colectivo para o persoal laboral das administracións públicas parece que poden estar a estudar as modificacións necesarias para proceder ao despedimento do persoal funcionario.

UNIVERSIDADE - Xerencia

    Co obxecto de analizar a proposta da Instrución que se achega, en materia de prestación económica na situación de Incapacidade Temporal (IT), convócase unha reunión coa representación sindical do PAS, tanto laboral coma funcionario. De acordo coas consultas efectuadas, a esta reunión coa Xerencia asistirá un representante de cada sección sindical por cada colectivo de PAS, funcionario e laboral.
     
    A reunión realizarase o día 1, luns, ás 10:30H.
     
    Manterémosvos informados/as.

25S A REPRESIÓN FASCISTA

    Miguel Quinteiro, o activista vigués detido en Madrid nas protestas do 25S, xa está na rúa. Está en liberdade condicional e impútanselles varios delitos, incluido un de sedición. Denuncia o trato denigrante recibido na comisaria.

FONDO DE GARANTÍA SALARIAL - FOGASA

25-S

    A Delegación do Goberno de Madrid cifrou en 6.000 as persoas congregadas o 25-S na madrileña praza de Neptuno co gallo das protestas do 25-S. Bastaron un par de minutos para que as redes sociais reaccionasen. As cifras parecían difíciles de crer observando as imaxes que mostraban unha gran aglomeración de xente na que non cabía nin un alfinete.

ASÍ RECIBE O 'NYT' A RAJOY E AO REI

RESCATE DA BANCA

    O Ministerio de Economía restou importancia ás condicións dalgúns países do euro para a recapitalización directa da banca polo fondo de rescate europeo, porque considera, agora, que o aumento na débeda publica que xerará o rescate do sector financeiro estatal será "asumible".

CUT - MOBILIZACIÓN

    Na tarde do día 26, trescentos traballadores e traballadoras convocados pola centrais sindicais CUT, STEG e SF, transcorreron as rúas centrais da cidade de Vigo nunha mobilización atravesada polo malestar e a contundencia. O obxecto, a reivindicación dunha "folga xeral inmediata, sen renuncias, sen oportunismos". A compañeira Eire Cid, responsábel da lectura do manifesto unitario, abría o acto dunha lembranza dos "compañeiros e compañeiras de Euskal Herría que hoxe marcan o camiño".

OS QUE NOS GOBERNAN

    A economía estatal acumula unha débeda de 200.000 millóns, o 40%, con entidades de Alemaña e Francia.

ACCIÓN SOCIAL

    As entidades de acción social alertan de que non poderán seguir atendendo soas aos necesitados.

OPINIÓN - Ignacio Escolar

    Se de verdade o Goberno está preocupado polas protestas nas rúas, pola imaxe exterior de España e pola perigosa fractura social que se está a abrir, xa está a tardar en cambiar de estratexia.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Como vedes cada día temos menos dereitos laborais, económicos e sociais. Ao recorte económico, nuns casos da paga extra e noutros a catorceava parte do salario anual xúntase, agora, o desconto salarial en caso de baixa por IT (incapacidade temporal). Dentro de pouco chamarannos para falar do recorte de días de libre disposición (moscosos) iso sen contar os que xa se nos quitan sen máis (os que tiñamos en función da antigüidade – canosos) e tamén teremos que tratar, no seu momento, coa Xerencia o incremento de xornada que, como sabedes, pasará a ser de 37horas e media.
 ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO
    Ás portas de novos rescates, sabemos con certeza, que os recortes que traen consigo estes presupostos non serán os únicos. Non temos máis que recordar que nos PXE do 2012, non se tocaban a paga extra do funcionariado, e finalmente, foi eliminada.
 ALERTA FINANCEIRA - AUSBANC
    EVO BANCO non se encontra inscrito no Rexistro de Entidades Financeiras do Banco de España, logo como tal non existe para os efectos do Banco de España e do Fondo de Garantía de Depósitos.
     
    AUSBANC recomenda a retirada dos depósitos realizados no denominado EVO BANCO, e non facer novas achegas en tanto en canto non haxa unha imaxe fiel e real da súa verdadeira titularidade e situación patrimonial.
 O NOVO REGULAMENTO DARÁ MÁIS DISCRECIONALIDADE AO EMPRESARIO
    O Goberno está a ultimar o novo regulamento dos despedimentos colectivos, que prevé inicialmente aprobar en outubro. O novo texto, aínda suxeito a modificacións, exime o empresario de xustificar que o número de despedidos é proporcional ás causas económicas alegadas e á finalidade de manter a súa posición no mercado. Ademais, a norma detalla o novo papel da autoridade laboral e os plans sociais para os afectados.
 ORZAMENTO DO CONGRESO
    A partida para viaxes ten reservados 6.750.000 euros, 19.285 euros por deputado. Este ano, como novidade, o Congreso tamén paga o aparcadoiro no aeroporto: 30.000 euros. Están tamén presupostados 7.000 euros anuais para as multas dos coches oficiais.
 25S AMPLO DESPREGUE POLICIAL
    Centos de persoas participaron este martes en Compostela nunha manifestación para apoiar a mobilización cidadá que tivo lugar este 25 de setembro en Madrid baixo a consigna 'Ocupa o Congreso'.
 OPINIÓN - Isaac Rosa
    De que se rían tanto os membros do Goberno que anunciaron os Presupostos Xerais de 2013? Se seguiron a rolda de prensa por televisión, notarían que os tres ministros parecían por momentos ao bordo da gargallada.
 LINGUA
    A plataforma Prolingua, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística fixeron pronunciamentos que teñen como obxectivo acabar coa actual política de retrocesos para o galego e que os partidos políticos se comprometan a desenvolveren medidas eficaces para a normalización lingüística
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      Números anteriores
       
      De interese
      O sindicalismo de clase depende de tí
      CALENDARIO LABORAL 2010
      CALENDARIO LABORAL 2011
      CALENDARIO LABORAL 2012
      A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
       
      Sácalles a lingua  
       
      CONTRA O PACTO SOCIAL
      O XORNAL - información obreira
      O IMPERIALISMO NON PASARA!!
      NON AS NUCLEARES
      22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

      cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript