Número 154 - 24 de setembro de 2012
 
 
A UE NEGOCIA CO GOBERNO O RESCATE

    Unha vez máis, a través dos medios de comunicación de fóra do estado coñecemos que Rajoy mente. Segundo informa o xornal Finalcial Times o estado español negocia en secreto o rescate. En concreto indica que o ministro de economía, Luís de Guindos, está en conversacións con Bruxelas para acordar os recortes e reformas que o estado deberá acometer para que o Banco Central Europeo merque bonos para, dese xeito, aliviar a presión sobre a débeda.

UNIVERSIDADE

    Outro Consello de Goberno coa mesma música que os anteriores.

DITAME DO CONSELL DE GARANTIES ESTATUTÀRIES DE CATALUNYA

    O Consell de Garantíes Estatutàries de Catalunya emitiu Ditame de data 22 de agosto no que conclúe que o recorte dos días de libre diposición e de vacacións dos empregados públicos, acordado polo Goberno do Estado ,vulnera a Constitución.

DITAME DO CONSELL DE GARANTIES ESTATUTÀRIES DE CATALUNYA

    A disposición adicional septuaxésima primeira da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de presupostos xerais do Estado para o ano 2012, é inconstitucional porque non encontra amparo nas competencias dos subapartados 7, 13 e 18 do artigo 149.1 da Constitución.

REFORMA LABORAL

    Ningunha das reformas laborais, nin a do PSOE nin a do PP, serviu para a consecución das finalidades que, en teoría pretendían, non serviron para crear emprego, pero si incrementaron a destrución de postos de traballo. O que para nós era unha obviedade constátase coas estatísticas.

ESTABA CANTADO

    Se xa é bochornoso que dos 80.000 millóns de euros nos que se sitúa a fraude fiscal anual segundo os técnicos de Facenda só se intenten recadar 2.500 millóns, máis lamentable aínda é que dese obxectivo de 2.500 millóns fixado ata o 31 de decembro de 2012 se obtivesen 50 a falta de tres meses para concluír o ano.

O ESCÁNDALO DO BANCO MALO - Rubén Manso

    Pasamos da obriga dun banco malo por entidade (RD-lei 18/2012), á dun único banco malo para a parte do sector con necesidades de axudas públicas (RD-lei 24/2012), e outro para cada entidade sen problemas, en pouco máis de tres meses.

MALGASTO

    O alcalde de Tui, o popular Moisés Ches Rodríguez, rexeitou explicar o espiñento expediente sobre o campo de fútbol de Caldelas e anunciou que continuará as obras malia os informes negativos da secretaría e intervención municipais, que aprecian no devandito expediente numerosas irregularidades potencialmente constitutivas de delitos de malversación de fondos públicos e fraccionamento ilegal de contratos.

A ELECTRICIDADE MÁIS CARA DO PLANETA

    A subida chegaría en xaneiro, xunto cunha factura de gas un 7 % máis cara.

PARAGUAI, ORGANIZACIÓNS DE DEREITOS HUMANOS ACUSAN Á EMPRESA DE ETNOCIDIO

    A empresa gandeira Carlos Casado S. A. arrasou un bosque habitado por indíxenas illados. Fontes oficiais de Paraguai confirmaron o pasado 23 de agosto a existencia de denuncias contra a compañía Carlos Casado, que forma parte do hólding empresarial Grupo San José.

OPINIÓN

    Que razón ten a historia, sempre que ocorre un suceso fóra da normalidade (guerra, fenómeno natural ou atmosférico adverso, catástrofe ambiental, crise económico-financeira, etc.), sempre o pagamos os pobres e os ricos fanse máis ricos.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O día 20 os traballadores da universidade e da sanidade conxuntamente demostramos, unha vez máis, que non imos estar parados mentres se nos recortan dereitos e se remata cos servizos públicos.
 CONSELLO DE MINISTROS
    Converter á Educación nun produto ten implicacións nefastas que atenazan e tratan de aniquilar a idea de educación pública como a educación de tod@s e para tod@s; compensadora de desigualdades en orixe e garante de igualdade; crítica e emancipadora....
 A SANIDADE QUE NOS IMPOÑEN
    A construción do novo Hospital de Vigo está paralizada pola incapacidade da empresa concesionaria para financiar o proxecto - Nota da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Manifestación o 3 de outubro en Vigo contra a privatización e retraso na construción do novo Hospital de Vigo
 #15M
    Estamos fartos de vivir nun sistema coaccionado polos mercados que nos levou a ser vítimas dunha estafa a grande escala á que chamaron crise. Consideramos que a situación traspasou todos os límites tolerables e que coa complicidade de todas as forzas políticas representadas nos parlamentos do Estado están a destruír os medios de vida das clases populares para manter os privilexios e fortunas dos máis ricos.
 XUNTA
    Técnicos da Xunta puxeron os seus reparos por escrito que aluden a media ducia de instalacións repartidas por toda Galicia onde Industria autorizou muíños de vento a distintas empresas na maior adxudicación pública da historia da Autonomía.
 A GRANDE ESTAFA QUE CHAMAN CRISE
    Denunciamos sempre que o BCE vende diñeiro á banca ao 1% e esta úsao para revenderllo ao estado ao 6 ou o 7%. Para colmo, o estado español inxectou xa nesa mesma banca máis de 150.000 millóns de euros, sen contar o famoso "rescate". Crise ou estafa? Xulguen vostedes.
 CRISE – REPRESIÓN DAS PROTESTAS CIDADÁS
    En Grecia os recortes afectan tamén aos axentes, que poderían verse obrigados a traballar 50 horas semanais por 700 euros. En Portugal, nun comunicado, as Forzas Armadas reiteran a súa firme convicción de que os militares nunca poden ser un instrumento de represión para os seus concidadáns, porque de acordo á Constitución que xuraron defender.
 LINGUA
    O obxectivo da campaña "Móllate polo galego" é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      Números anteriores
       
      De interese
      O sindicalismo de clase depende de tí
      CALENDARIO LABORAL 2010
      CALENDARIO LABORAL 2011
      CALENDARIO LABORAL 2012
      A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
       
      Sácalles a lingua  
       
      CONTRA O PACTO SOCIAL
      O XORNAL - información obreira
      O IMPERIALISMO NON PASARA!!
      NON AS NUCLEARES
      22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

      cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript