Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Traballadores do Hospital da Coruña denuncian o peche de camas

Traballadores do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña denuncian que o complexo aínda non recuperou a actividade cirúrxica habitual tras o peche de quirófanos durante o verán.

 

  • Noticias relacionadas

A presidenta da Xunta de Persoal, María Seijo sinala que as camas da área de Medicina Interna aínda están pechadas, algo inaudito a estas alturas de setembro, e os quirófanos están a medio gas, a actividade aumenta pero moi lixeiramente e anuncia que haberá concentracións todos os xoves de setembro en sinal de protesta.
 
Baixo o lema de Non aos recortes na sanidade pública, uns 200 sanitarios, saíron este xoves á rúa -no Hospital Universitario, o Materno, o Abente Lago e varios centros de saúde da cidade- para esixir a Administración que finalice cos recortes.
 
Os traballadores sinalan que non se realizan contratacións de substitución e ademais hai falta de medios, sendo o prexudicado é sempre o paciente.
 
Advirten de que hai camas de Medicina Interna aínda pechadas provoca unha maior presión asistencial en Urxencias, que haxa persoas que pasen tres días á espera de ingresar e que mentres, estean en padiolas ou cadeiras de brazos.
 
Mostran, tamén, a súa preocupación polos recortes de prestacións que planea o Goberno entre os que podería incluírse deixar de realizar mamografías agás a casos graves. O Ministerio de Sanidade está a revisar varias prestacións da carteira de servizos -como as probas de cribado (mamografías ou colonoscopias) ou a rehabilitación- co obxectivo, segundo o departamento de Ana Mato, de “equiparar” o acceso a estes en todas as comunidades.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript