Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Retómase a actividade

Remataron as vacacións comeza o curso e retómase, tamén, a actividade a nivel de Comité. Tarefas a abordar.

 

  • Noticias relacionadas

En que situación está o proceso de funcionarización.
 
Consultado o Xerente sobre esta circunstancia indicou que a finais de xullo se remitira á Xunta o acordo alcanzado co correspondente cálculo da masa salarial.
 
Non se recibiu ningunha resposta (nin negativa, nin positiva) pero a intención da institución é de seguir o procedemento emprendido dando por sentado o criterio de que a Xunta non rexeita o acordado. A Xerencia indica que se está na fase de elaboración da RPT conxunta que, cando estea elaborada, será transmitida aos órganos de representación dos traballadores e traballadoras.
 
Sabemos que polos centros e servizos están espallándose rumores ao respecto do proceso. Para intentar aclarar a situación ímosvos comentar o que neste momento, en termos xerais, coñecemos. A concreción publicarase no seu momento pola Comisión.
 
A formación que contempla o Programa de Apoio á Funcionarización comezará, previsiblemente, o sábado día 22 de setembro (polo que comentan no Servizo están a espera de concretalo cos formadores).
 
As características máis salientables do Programa son:

  • Programáronse os seguintes grupos:
    • A1/A2             Un grupo na Coruña
    • C1/C2             Un grupo na Coruña e outro en Ferrol
    • E                      Un grupo en Ferrol e dous grupos na Coruña
  • As persoas que se anotasen noutra actividade formativa e estean afectadas por este Programa de Apoio á Funcionarización non terán penalización si se dan de baixa nas actividades nas que se apuntaran previamente.
  • As penalizacións anteriores non se teñen en conta para a participación no Programa de Apoio á Funcionarización
  • Ao non se realizar todo o programa en sábados. Os/as traballadores/as con quenda partida deberán solicitar a autorización do xefe, director… do servizo para a participación na actividade correspondente, debendo recuperar as horas non traballadas por este motivo.
  • A asistencia é voluntaria, non se pasará lista.
  • Non se facilitará diploma.
 
Entre as tarefas que temos que abordar, as máis salientables :
 
A Xerencia quere tratar coa Xunta de Persoal e Comité de Empresa os aspectos relacionados coa xornada e horario de traballo e as baixas por IT (incapacidade transitoria).
 
Como a Lei 2/2012 de orzamentos xerais do Estado (BOE de 30 de xuño) establece:
 
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
 
Septuaxésimo primeira. Xornada xeral do traballo no sector público.
Un. A partir da entrada en vigor desta lei, a xornada xeral de traballo do persoal do sector público non poderá ser inferior a trinta e sete horas e media semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual.
 
Para estes efectos conforman o sector público:
 
a) A Administración xeral do Estado, as administracións das comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración local.
 
b) As entidades xestoras e os servizos comúns da Seguridade Social.
 
c) Os organismos autónomos, as entidades públicas empresariais, as universidades públicas, as axencias estatais e calquera entidade de dereito público con personalidade xurídica propia vinculada a un suxeito que pertenza ao sector público ou dependente del, incluíndo aquelas que, con independencia funcional ou cunha especial autonomía recoñecida pola lei, teñan atribuídas funcións de regulación ou control de carácter externo sobre un determinado sector ou actividade.
 
Por outra banda o Real Decreto 20/2012 de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade  (non é unha norma básica) establece:
 
Artigo 9. Prestación económica na situación de incapacidade temporal do persoal ao servizo das administracións públicas, organismos e entidades dependentes e órganos constitucionais
 
1. A prestación económica da situación de incapacidade temporal do persoal ao servizo das administracións públicas e órganos constitucionais rexerase polo disposto neste artigo.
 
2. Cada Administración pública, no ámbito das súas respectivas competencias, poderá complementar as prestacións que perciba o persoal funcionario incluído no réxime xeral da Seguridade Social e o persoal laboral ao seu servizo nas situacións de incapacidade temporal, de acordo cos seguintes límites:
 
1.º Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns, durante os tres primeiros días poderase recoñecer un complemento retributivo ata alcanzar como máximo o cincuenta por cento das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade. Desde o día cuarto ata o vixésimo, ambos os dous inclusive, o complemento que se poida sumar á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social deberá ser tal que, en ningún caso, sumadas ambas as dúas cantidades, se supere o setenta e cinco por cento das retribucións que viñesen correspondendo ao dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade. A partir do día vixésimo primeiro e ata o nonaxésimo, ambos os dous inclusive, poderase recoñecer a totalidade das retribucións básicas da prestación por fillo a cargo, de ser o caso, e das retribucións complementarias.
 
Convenio Colectivo
 
A aprobación do proxecto de funcionarización non implica que se deixe sen efecto o Convenio Colectivo. Débese abordar a súa negociación porque, de non facelo, quedariamos sen a súa cobertura debido ás últimas regulamentacións ao respecto. Cando menos temos a esixencia de acordar, coa Xerencia a prórroga do que está vixente.
 
RPT
 
A espera de que a Xerencia transmita a súa proposta para a súa análise
 
Eleccións sindicais
 
Corresponde que o colectivo elixa quén capitaneará a nova etapa no Comité de Empresa.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript