Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  REFORMA DO CÓDIGO PENAL
 

A reforma mantén a condena á resistencia pasiva

As liberdades democráticas están en perigo. A difusión de mensaxes de "incitación" a alterar orde pública tamén serán penados. A reforma castigará os manifestantes que "ameacen" a Policía.

 

A reforma do Código Penal anunciada hoxe polo Goberno endurece as penas por determinadas actuacións no marco de manifestacións, como as "ameazas graves de violencia" sobre a Policía, e castigará a difusión de mensaxes que inciten a comisión dalgún delito de alteración de orde pública.
 
En concreto, redefínese o delito de atentado á autoridade incluíndo todos os supostos de acometida, agresión, emprego de violencia ou "ameazas graves" de violencia sobre o axente. A acción de resistencia meramente pasiva que, xunto á desobediencia está penada con entre seis meses e un ano de cárcere.
 
Castigarase a difusión de mensaxes que inciten a comisión dalgún delito de alteración da orde pública.
 
Ruiz Gallardón asegurou na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros que a nova regulación penal que se propón "non" é máis represiva" que a vixente, xa que dá maior protección á Policía, que destacou que é o maior garante do exercicio dos dereitos fundamentais e as liberdades. "Non" se reduce "ningún dereito fundamental" coa reforma, engadiu o ministro. OLE!!
 
Margarida Robles (CGPJ): "Inquietante"
 
A vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial Margarida Robles cualificouna de "inquietante" porque supón "unha restrición de dereitos e un retroceso de moitos anos". A creación de novos delitos, como o que penará a difusión de mensaxes que inciten á alteración da orde pública, recórdanlle á antiga Lei de vagos e delincuentes. O vogal progresista considéraa, a priori, un "retroceso dende o punto de vista do Dereito Penal, que debe protexer o mínimo ético, e non criminalizar condutas".
 
Cando a arbitrariedade xa e agora a norma de comportamento, que pasará cando se aprobe esta reforma?.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript