Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  TESOIRA EN SANIDADE, EDUCACIÓN…
 

O presuposto do Misterio de Defensa aumenta case un 30%

O presuposto de Defensa para este ano experimentou un súbito incremento do 28,21%. O Consello de Ministros aprobou un crédito extraordinario de 1.782 millóns de euros para programas de armamento.

 

  • Noticias relacionadas

Defensa non poderá, non obstante, encargar novos pedidos, senón que dedicará ese diñeiro ao pagamento de débedas pendentes. Cando compareceu no Congreso para explicar o presuposto do seu departamento, en abril pasado, o secretario de Estado de Defensa, Pedro Argüelles, xa recoñeceu un desfase de 2.370 millóns entre a partida prevista e as obrigas de pagamentos e anunciou a apertura de conversacións cos ministerios de Facenda, Economía e Industria para buscar unha solución.
 
A diferenza entre os 2.370 millóns e os 1.782 aprobados cóbrese cos 309 millóns aprobados a principios de ano polo Consello de Ministros, os 198 que Industria prevé prestar neste exercicio ás industrias militares e os 4,95 incluídos no propio presuposto de Defensa. Outros 76 quedarán pendentes por corresponder a material aínda non entregado.
 
Se esta partida se tivese incluído nos presupostos, o capítulo de Defensa tería sumado 8.098 millóns, cun aumento do 16,88% respecto a 2011, en vez de reducirse o 8,84%.
 
O vicepresidente Soraya Sáenz de Santamaría subliñou que se trata de "entregas xa realizadas" e compromisos adquiridos cos provedores en 2010 e 2011, na etapa socialista, cuxo pagamento era "ineludible".
 
A parte do león irá ao consorcio fabricante do Avión de Combate Europeo ou Eurofighter, pero tamén se destinarán cantidades menores ao helicóptero de ataque Tigre, o Obús de 155, o carro de combate Leopard ou o Buque de Acción Marítima.
 
Con este crédito extraordinario, segundo fontes de Defensa, o contador poñerase a cero e será posible renegociar a factura pendente a medio e longo prazo, que suma entre 27.000 e 30.000 millóns de euros. Trátase de recuperar a credibilidade ante os consorcios internacionais para negociar acordos que permitan reducir os compromisos, mediante o recorte dos pedidos, o aprazamento das entregas ou a venda de material a terceiros países," segundo fontes gobernamentais. O Goberno sostén que este crédito non incrementará o déficit, porque o material militar xa fora entregado e o seu prezo incluído como débeda (e polo tanto déficit) nas contas do Estado. Por iso non se inclúen pagamentos do avión de transporte A400M ou o submarino S-80, aínda non entregados.
 
As mesmas fontes insistiron en que, se non se atendían estes pagamentos, Defensa tivese tido que aboar penalizacións por incumprimento de contrato e tería perigado a supervivencia de moitas empresas.
 
http://www.antimilitaristas.org/spip.php?article5193

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript