Setembro de 2012
 
 

10/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - UNIVERSIDADE
GALERÍA FOTOGÁFICA
Fotos da concentración do día 13
PARA VER AS FOTOS PREME NESTAS.

REITORÍA CORUÑA

  • Noticias relacionadas

Mobilizacións na administración pública 
 

Unha vez máis os traballadores e traballadoras da Universidade mostramos o noso rexeitamento aos recortes cos que o poder político (neste caso o PP) pretende rematar cos servizos públicos. O día 13 cortamos a circulación diante da Reitoría.
 
 

 

Si Rajoy e Feijoo recortan na Administración Pública, os traballadores e traballadoras da Universidade mobilizámonos. Que tomen nota porque non imos parar.
 
Feijoo xa demostrou a súa covardía non asistindo á inauguración do curso académico nas Universidades, o Conselleiro de Educación fixo o mesmo na inauguración do curso no resto. Isto pasa porque sente a noso rexeitamento ás súas políticas, temen atoparse cos traballadores, pais e estudantes que loitamos contra os recortes que eles nos impoñen.
 
A concentración do día 13 na Reitoría deu un paso cualitativo importante ao cortar a circulación na porta de acceso. O vindeiro Xoves quedamos en xuntarnos cos traballadores e traballadoras do Avente Lago para facer a concentración e partir, en manifestación, desde o Hospital até a Reitoría.

 
Seguiremos mobilizándonos.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript