Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS RECORTES... E ISO QUE NON ESTAMOS RESCATADOS!!!
 

De Guindos promete á UE que fará todos os recortes precisos para cumprir as súas esixencias

O PP votou man da tesoira cando chegou o goberno e, desde ese momento, está empeñado en facer retais do que aínda formaba parte do tecido laboral, económico e social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tiñamos claro que se aveciñaban novos recortes, a decisión de adiantar as eleccións galegas non é allea a estes movementos. Pouco a pouco van agromando as intencións da dereita política e económica, o que, de momento ocultan é o alcance das medidas preparadas.
 
O compromiso realizouse, para non perder o costume, fóra do territorio do estado (xa imos collendo callo nisto de que, o que se nega aquí se anúnciase fóra), esta vez realizouse na reunión do Eurogrupo, a dos ministros de Economía da Unión Europea. O ministro axeonllouse unha vez máis diante dos poderes económicos prometendo cumprir as súas esixencias.
 
Os novos axustes anunciaranse "nos próximos días" en palabras do propio ministro de Economía e Competitividade, que nega que este anuncio sexa un primeiro paso para pedir o rescate (ídevos facendo á idea de que a “intervención” está preto).
 
Demostra, unha vez máis, o goberno a súa intención de seguir cargando os efectos da crise nos cidadáns, as políticas decididas desde os poderes económicos seguirán esa traxectoria, abonda con ver os recortes que impoñen en países como Grecia, Portugal e Irlanda (semana de 6 días, recortes salariais e pensións, máis paro e precariedade aderezado co desmantelamento dos servizos públicos). Ese é o futuro que nos agarda se non lle facemos fronte desde xa!
 
Que se convoque dunha vez a folga xeral!!

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript