Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  O "RESCATE"
 

A troika quere obrigar a Grecia a recortar, de novo, pensións e salarios públicos

Os homes de negro aterraron nunha asfixiada Grecia coa tesoira apuntando ás pensións e os salarios públicos.

 

Os enviados da Comisión Europea (CE), o Banco Central Europeo (BCE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI) eran conscientes de que o Goberno grego discrepa coa súa proposta e avoga, en cambio, por aforrar na compra de armamento e no gasto farmacéutico. Esta mañá reuníronse e as autoridades helenas recoñeceron que se lles fixo costa arriba convencer os seus acredores estranxeiros de que acepten o seu plan para aforrar preto de 12.000 millóns de euros nos próximos dous anos.
 
A tesoirada queren que sexa a clave para desbloquear a entrega do seguinte tramo do rescate que o país necesita para non caer na bancarrota. A esperanza de que Grecia poida recibir unha aprobación rápida ao seu plan de aforro frustrouse cando os inspectores da troika rexeitaron parte da iniciativa presentada polo Executivo de Antonis Samaras. Pero na segunda rolda de conversacións, tampouco pareceu haber moitos avances no diálogo que sostiveron o primeiro ministro grego e os inspectores da misión da troika.
 
A troika impuxo a Grecia a obriga de que no ano 2014 o déficit público debía baixar do 3%, para iso deseñou unha política de recortes que afoga cada día máis ao pobo grego.
 
En Grecia non hai diñeiro, por iso ninguén compra. A pobreza máis absoluta xa afecta ai  28 % da poboación, o tecido familiar que mitiga a situación de desemprego non funciona porque as pensións sufriron un recorte radical. Os que aínda conservan o traballo (a taxa de paro é do 23,1 %) reduciron os seus soldos entre un 30 e un 40 %, á vez que os impostos escalaban tanto ou máis que iso.
 
Cando a troika mete a man ao pescozo dun pais non para até afogalo, pásalle a Grecia, pasa en Portugal e pasará no Estado español si se entrega ás garras dos voitres

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript