Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  PREFERENTES
 

Facua pide "sancións millonarias e contundentes" polas preferentes

En declaracións, Rubén Sánchez, voceiro de FACUA, considerou o anuncio como positivo, xa que "por fin" a CNMV "está a cumprir coas súas obrigas" de defender os intereses dos pequenos investidores.

 

  • Noticias relacionadas

O voceiro de Facua, Rubén Sánchez, cualificou como "positiva" a decisión da Comisión Nacional do Mercado de Valores de sancionar o 58% dos bancos e caixas de aforros que emitiron participacións preferentes por malas prácticas, aínda que solicitou que estas sexan "millonarias e realmente contundentes, e non pequenas multas para saír do paso".
 
Non obstante, o voceiro de Facua emprazou á entidade reguladora a que a aplicación dos expedientes sancionadores sexa "proporcional" á magnitude da fraude, así como ao lucro que xeraron con este, e que definiu como un "auténtico corralito español".
 
Por último, aventurou que a decisión de abrir dous expedientes sancionadores pola venda de preferentes durante o mes de setembro, máis outros dous antes de que finalice o presente exercicio "animará os cidadáns a acudir aos tribunais" ante a probabilidade de "gañar o procedemento xudicial no que decidan investir".
 
http://www.nuevatribuna.es/articulo/economia/facua-pide-sancións-millonarias/20120913182503081003.html

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript