Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  DESMONTANDO MENTIRAS
 

Sobran recursos sanitarios

Os mesmos políticos (de todos os signos), que sen o aval de ningún estudo serio de planificación inauguraban anos atrás centros sanitarios de modelo privado (pagados con fondos públicos) por intereses puramente electoralistas e de repartición de negocio, defenden e encabezan agora a cruzada da "austeridade" pechando centros e camas públicas coa desculpa da "crise".

 

  • Noticias relacionadas

Aínda partindo de que máis recursos sanitarios non se corresponden necesariamente cun mellor nivel de saúde da poboación, o certo é que no estado español estamos lonxe da media dos países do noso ámbito:
 
Só temos 3,2 camas por 1.000 habitantes fronte ás 4,9 de media da OCDE. (1), situándonos os quintos pola cola de 34 países da OCDE. No caso de camas psiquiátricas tamén nos situamos nos últimos lugares (2), mentres que en camas de agudos temos 2,5 camas por 1.000 habitantes fronte ás 3,5 de media da OCDE (3).
 
O número de unidades de Resonancia Magnética (RNM) é de 10 por millón de habitantes, por debaixo da media da OCDE de 12,7 (3). O número de unidades de Tomografía Axial Computarizada (TAC) é de 15 por millón de habitantes, tamén por debaixo da media da OCDE de 22,1 (3).
 
Aínda que temos máis médicos por cada mil habitantes (3,5) que a media da OCDE (3,1), temos un gran déficit no persoal que realiza os coidados directos aos pacientes, xa que nos situamos con só 4,9 enfermer@s por 1.000 habitantes cando a media da OCDE é de 8,4, case o dobre (3).
 
En relación ao gasto público en coidados de longa duración (crónicos), estamos moi por debaixo da media, xa que dedicamos só o 0,65 por cento do PIB fronte ao 1,39 da media da OCDE (4).
 
Esiximos:
+ Aumento de plantilla de empregados públicos nas categorías deficitarias e incremento dos recursos en centros públicos de xestión directa.
+ Mecanismos de control por parte de usuarios e traballadores: se nosotr@s o pagamos, nosotr@s xestionámolo.
 
(1) Informe OCDE 2011. http://www.oecd-ilibrary.org/social-issues-migration-health/hospital-beds_20758480-table5
(2) Informe OCDE 2011.
(3) Base de datos da OCDE sobre a saúde 2011. España en comparación. www.oecd.org/health/healthdata
(4) Situación Sanitaria Española, respecto ao resto da OCDE. Diario Médico, 15/12/2011
 
CAS, adherida á RAAS (Rede Autoxestionada Antiprivatizacion de la Sanidad)

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript