Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  CONSECUENCIAS DA REFORMA LABORAL
 

Os custos laborais baixan no segundo trimestre de 2012

As cifras do Índice de Custo Laboral Harmonizado (ICLA) presentadas este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE) dan un resultado infrecuente: mostran un retroceso dun 0,3% dos custos por hora traballada respecto ao trimestre anterior.

 

  • Noticias relacionadas

A serie estatística comeza en 2000, e só se dera unha baixada en dúas ocasións anteriores, a finais de 2009 e a mediados de 2010, xa coa crise.
 
O dato do ICLA non é moi detallado -haberá que esperar ata o venres ata a Enquisa Trimestral de Custo Laboral- pero parece apuntar a unha moderación dos custos salariais aproveitando as posibilidades que dá a reforma laboral, que facilita baixar soldos e reducir xornadas. A reforma entrou en vigor en febreiro, de forma que o segundo trimestre do ano é o primeiro no que poderían verse os seus efectos despregados por completo.
 
Os resultados do ICLA correspóndense cos datos do PIB que deu hai dúas semanas o propio INE, que rexistraba un descenso na remuneracion dos asalariados e nos custos por unidade de produto.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript