Setembro de 2012
 
 

17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  COSPEDAL PRETENDE COBRAR AOS 'SEN PAPEIS' - Alicia Gutiérrez
 

4.392 euros por cesárea e 2.800 por día na UCI

O Goberno de Castilla-La Mancha, que preside María Dolores de Cospedal, pretende aplicar prezos para ricos aos inmigrantes sen papeis que acudan á sanidade pública.

 

  • Noticias relacionadas

O catálogo de prezos por acto médico para os que non posúan a condición de asegurado -basicamente, os inmigrantes sen permiso de residencia-- cifra en ata 2.824 euros a estanza por día nunha UCI de hospital. Iso si, o que non explicou o Executivo castelán-manchego é como pensa cobrar os servizos.
 
Publicado hoxe no Diario Oficial de Castilla-La Mancha, a resolución do Servizo de Saúde de Castilla-La Mancha desenvolve o decreto que dende o pasado día 1 deixa sen sanidade gratuíta aos que non consten como beneficiarios da Seguridade Social. A diferenza do decidido por outras dúas comunidades gobernadas polo PP, Castela e León e Galicia, o Executivo de María Dolores de Cospedal cortou calquera indicio de esperanza de sanidade gratuíta. Algúns observadores anticipan xa que a resolución publicada onte provocará un éxodo de inmigrantes cara a outros territorios máis benévolos.
 
Os inmigrantes sen papeis si que teñen dereito a recibir asistencia sanitaria en partos e urxencias, pero a administración intentará cobralos, e se non é posible, buscará a vía, pouco viable, de facturar ós países de orixe. Neste sentido, Castilla-La Mancha cotiza en 2.369 euros o parto sen complicacións e en 4.392 euros a cesárea con complicacións. O custo dunha sesión de hemodiálise, por exemplo, ascende a 282,64 euros.
 
A escala estatal, calcúlase que o decreto gobernamental que priva de sanidade pública os non asegurados afectará a 153.000 sen papeis. Oito comunidades, entre elas as xa citadas de Galicia e Castilla y León, optaron por non aplicar a nova norma. Que a medida máis dura coñecida ata a data partise da número dous do PP suxire que o Goberno non alberga a menor intención de dar marcha atrás.
 
Diario Oficial de Castilla-La Mancha 13/09/2012

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript