17/09/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


O colmo do despilfarro
O colmo
do despilfarro y "no es por el huevo, es por el fuero":           
Durante as dúas horas que durou o acto de Inauguración do curso universitario o pasado venres 7 de setembro, os coches oficiais estiveron aparcados no patio da Maestranza VACÍOS, ENCENCIDOS E COS CLIMATIZADORES FUNCIONANDO, para que as autoridades os encontrasen fresquiños no viaxe de regreso... Os chóferes foron avisados polos manifestantes alí congregados... pero só sonreían...
PD.- A delegación da Universidade de Vigo (6-7 persoas) veu nunha furgoneta da propia universidade.

Apertura do curso
O día 7 fíxose a magna apertura dun novo curso universitario. Na Reitoría da Universidade unha caterva de políticos, curas, militares e como non PDI co seu ridículo sombreiriño (birrete) e envoltos na pomposa toga procederon á realización da liturxia máis clasista da institución.
Os poderes fácticos non perden ocasión para deixarse ver e manifestar o seu estatus. Mágoa, para eles, que este ano o voitre maior do país non asistiu deixando aos segundóns misión tan sobresaínte.
No exterior uns poucos traballadores e alumnos, estes tamén o fixeron no interior, manifestabamos o noso desacordo coas políticas que a maioría dos sentados no Auditorio aplauden. Unha traballadora foi “identificada” acusada de poñer un autocolante nun dos coches que permaneceron acesos durante todo o acto, para mellor confort dos “palmeiros” que estaban no interior, non vaia ser que o sr. … (o que corresponda) pase calor.

Qué vai pasar?
É curioso, en certo modo a cousa empeza a parecerse, pouco a pouco, aos últimos anos da extinta RDA. En primeiro lugar, parte da poboación está "a votar cos pés" dende hai meses. No segundo semestre de 2011 14.000 cidadáns abandonaron o Estado español camiño de Alemaña, segundo Die Zeit (nun artigo desta semana, dispoñible só en papel ata o xoves que vén). O 15-M e movementos similares empezan a ter características que en certo modo recordan ao Neues Forum; pídese, basicamente, (máis) democracia. Paralelamente, as manifestacións pacíficas sucédense, con esporádicos episodios de certa violencia e con consignas que, no fondo, empezan a cuestionar máis e máis a lexitimidade que o grupo político - social que nestes momentos ostenta o poder ten (ou di ter) para ocupar tal posición. Está a saír a poboación do Estado á rúa polo desmonte do seu pequeno estado do benestar para pagar unha crise financeira principalmente xerada por outros? -o dos pisos foi tamén cousa dos cidadáns da pé, de aí o "principalmente" - ou está a iniciar o camiño dun cambio social de profundidade que a medio prazo afectará tamén ás estruturas institucionais do país?

 

Isto señoras e señores é o que é
Isto é loita de clases, na súa forma máis desapiadada, trátase de reducir a esperanza de vida dos asalariados nun 50%, reducindo a calidade de todos os produtos e servizos, ademais de reducir o seu poder adquisitivo, só coñezo dúas clases sociales= os que viven dun salario e os propietarios dos medios financeiros e de produción. Os que se consideraban clase media porque o seu salario era grande, ou eran varios, se decataron sen o seu medio de vida de que agora lles falta o salario e quedaron e que non son clase media, son asalariados sen máis, esta é a terrible realidade, estas reformas son por ideoloxía, eu non teño a menor dúbida.

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript