Número 152 - 10 de setembro de 2012
 
 
UNIVERSIDADE INAUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO

    Tal e como quedaramos un bo número de traballadoras e traballadores da Universidade concentrémonos diante da institución para protestar contra os recortes tanto nos servizos públicos como nos salarios das traballadoras e traballadores da administración pública.

APERTURA DO CURSO ACADÉMICO

    A apertura do curso académico está a ser movida. A Universidade Pública de Navarra non foi unha excepción. Un grupo duns vinte estudantes irrompeu con protestas contra os recortes nos corredores da Universidade Pública para intentar interromper o acto oficial de apertura do curso 2012-2013. A policía foral navarra respondeu con cargas.

CUT - MULLER

    Achegamos o primeiro número do pasquín que a Secretaría das Mulleres botou a andar para dar conta da súa actividade comarcal e trasladar ás afiliadas informacións, reflexións, reportaxes, produción artística e todo aquilo que consideremos de interese para formarnos e construír o noso berro colectivo. Para atopar un espazo propio na organización e contribuír a fiar un novo xeito de facer sindicalismo de clase, combativo e antipatriarcal. Podes descargalo premendo nesta ligazón.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - DESCONTOS

    Deu o seu visto e prace a un Anteproxecto de Lei Foral que minimiza os efectos da suspensión da 'extra' de decembro de 2012 decretada polo Goberno Central. Lembramos que en Navarra goberna o PP, mentres o PP galego trasládanos obedientemente as decisións de Rajoy. Para case todo hai solución, o caso é querer

SANIDADE PÚBLICA

    A vicepresidenta confirma que se está revisando a carteira de servizos básicos da sanidade pública pero non co fin de «recortar servizos». Mentireira, ou ímonos crer que é para amplialos?, para deixalos como están non fai falla “revisalos”.

MALGASTO

    A sociedade xestora do aeródromo mantivo patrocinios e promocións a pesar de que ten perdas e aínda non ten voos

OPINIÓN - Isidro López

    Os estados contemporáneos son pouco máis que cristalizacións da loita de clases - ao que lle moleste este termo pódeo cambiar por conflito social- e tamén o son os intentos de Estado en potencia como o BCE...

ECOLOXÍA

    Ecoloxistas en Acción acusa a Nuclenor de intentar premer ao Goberno para que rebaixe a medidas de control e esixe o peche inmediato da central.

OPINIÓN - Arturo González

    Xa na parte final da miña vida, resulta desalentador comprobar que o sostido polos vellos reaccionarios, por non dicir fascistas, de que os políticos son un noxo se converte en realidade. Porque, imos, que o Presidente afirme como fixo onte, que o que lle impediu cumprir o seu programa é a realidade e non dimita é realmente noxento.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Os traballadores e traballadoras da Universidade mobilizámonos, unha vez máis, o xoves día 6 en contra do desmantelamento da administración pública e dos recortes económicos que os gobernos do PP nos están a impoñer.
 A REFORMA LABORAL EN MARCHA
    A obriga do parado/a xa non é a da procura de emprego, nin a da administración a de atoparllo. O consello de ministros xa atopou unha tarefa na que empregalos, iso si, gratis total (xa cobran o subsidio) e, dese xeito xa non ten que contratar para a realización das tarefas que, a partir de agora realizarán as desempregadas e desempregados.
 SANIDADE PÚBLICA
    “Nestes momentos traballadores e traballadoras da CUT permanecen nunha ocupación no Centro Médico Concepción Arenal contra o racismo sanitario, denunciando que o PP galego está a facer oportunismo electoral coa Instrución de Sanidade e esixindo da Xunta de Galiza unha insubmisión radical ao Decreto da Segregación Sanitaria”
 NOS PAÍSES INTERVIDOS
    Cando o estado español está pensando en pedir a “intervención” da UE FMI e BCE, non está demais observar a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras dos países “intervidos” para saber o que nos agarda.
 ENSINO
    O novo curso arranca sacudido polo encarecemento do material escolar e a redución dun 76% no presuposto para axudas na compra de libros de texto.
 COORDINADORA ONGD DO ESTADO
    Os recortes en cooperación están a causar graves consecuencias sobre as poboacións coas que se traballa nos países do Sur. As hemerotecas adoitan ser moi útiles á hora de comparar as palabras cos feitos. Agora que chega o Día do Cooperante, o 8 de setembro, é un excelente momento para facelo e comprobar que o Goberno non sempre cumpre o que declara.
 LINGUA
    GC é xa o cuarto diario máis lido na Rede en Galicia, superando este verán a La Opinión e ao portal do Progreso. Case todos os medios na lingua propia obteñen bos resultados nas redes sociais.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    Números anteriores
     
    De interese
    O sindicalismo de clase depende de tí
    CALENDARIO LABORAL 2010
    CALENDARIO LABORAL 2011
    CALENDARIO LABORAL 2012
    A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
     
    Sácalles a lingua  
     
    CONTRA O PACTO SOCIAL
    O XORNAL - información obreira
    O IMPERIALISMO NON PASARA!!
    NON AS NUCLEARES
    22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

    cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript