Número 151 - 03 de setembro de 2012
 
 
UNIVERSIDADES – A NOVA GOBERNANZA

    Xa advertimos que os recortes non afectan só a aspectos económico-laborais e sociais. Estamos inmersos nun ataque en toda regra a dereitos democráticos que, como no caso dos xa mencionados, considerabamos que estaban conquistados, consolidados, e que rexerían para sempre. O poder quere telo todo controlado e afía a gadaña para recortar tamén todo o que ula a participación, eleccións… Nas universidades de Catalunya xa se comeza a ensaiar o procedemento.

GALIZA

XUNTANZA DO TECIDO ASOCIATIVO DE FERROL

    O tecido asociativo de Ferrol, agrupados na Plataforma Contra o Malgasto do Diñeiro Público, vólvese reunir en Asemblea, o Mércores 5 de Setembro, ás 19:30 horas, no local da Asociación Veciñal de Esteiro.

PRAIAS - SOCORRISMO

    Unha traballadora da empresa concesionaria da vixilancia nas praias coruñesas FESSGA vén de ser despedida, segundo consta na carta de despido “por facer declaracións públicas” sobre as condicións de traballo nesta empresa que puñan en perigo a propia saúde pública, segundo o comunicado feito público pola CUT a semana pasada.

#15M

    Legal Sol di que ante as mobilizacións que temos previstas de forma inminente xa, e durante todo o outono... é importante saber e recordar unha serie de consideracións que transmitimos.

#Resistenciamineira

    Cada vez son máis os traballadores que non acoden ao seu posto de traballo a fichar, co cal a acción dos piquetes se dilúe e a percepción de que o sector do carbón está en folga é cada vez maior.

COMUNIDADE DE MADRID

    Un novo curso escolar empeza e con el 'resucitan' as protestas dos docentes madrileños contra os recortes en educación do Goberno da Comunidade de Madrid. Varios colectivos de profesores e sindicatos convocaron para o 17 de setembro unha folga indefinida contra os "graves ataques" de Esperanza Aguirre á escola pública.

INTERVENCIÓN

    O que en principio era un rescate bancario sen contraprestacións transformouse nun brutal axuste para a clase traballadora que desmellorou as súas condicións de vida. Agora De Guindos non descarta novos axustes en contraprestación á intervención de Bruxelas.

OPINIÓN - Andrés Gil

    As leis non sempre son claras. E os políticos sábeno. A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, xustificou o cobramento aos inmigrantes sen documentación partir do 1 de setembro na lei de 1986. "Ninguén vai quedar desatendido, pero que non sexa titular da tarxeta sanitaria deberá aboar a devandita asistencia [ofértaselles cobertura sanitaria completa por 710 € anuais] tal e como estaba previsto na Lei Xeral de Sanidade de 1986", afirmou.

    
  •   
 
 MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Si Rajoy non está de vacacións, as mobilizacións tampouco, cada Consello de Ministros ten que ter a súa resposta na rúa. Lembrade que o día 8, con saída da Alameda de Compostela, ás 11 da mañá e convocada pola plataforma unitaria realizarase a manifestación nacional.
 SANIDADE PÚBLICA
    Esta mañá, a Consellería de Sanidade vén de promulgar unha Instrución interna que, ao tenor das declaracións públicas institucionais, afonda na segregación racial na sanidade pública, entre demagoxia política e electoralismo. Os artífices de diversas declaracións xenófobas ao redor do “turismo sanitario” queren presentarse como salvadores da poboación inmigrante un mes antes da convocatoria do 21 de Outubro.
 CONSUMO - IVE
    As familias medias do estado chegarán a pagar 437 euros máis o ano pola suba de IVE que entrou en vigor este sábado 1 de setembro, segundo as previsións de diversos expertos consultados por Europa Press.
 OS LOGROS DE FEIJOO - PENSIÓNS
    Todo indica que as pensións será un capítulo (entre outros moitos) no que o goberno, a pesar das declaracións realizadas, meterá a tesoira unha vez máis.
 DÉBEDA AUTONÓMICA
    Estes días fálase moito da débeda das comunidades autónomas e da necesidade de que soliciten a intervención estatal para refinanciarse e poder facer fronte aos pagos máis apremiantes. Imos ver como está a débeda de cada unha delas.
 PREFERENTES
    O troco de participacións preferentes de entidades rescatadas realizarase con fortes perdas para o aforrador (segundo o que se reflicte nos medios de comunicación poden chegar a perder 7 de cada 10 euros) xa que o Goberno obrigará a valorar estes títulos a prezos de mercado -o que implica un gran desconto- cunha marxe adicional do 10%.
 LINGUA - Xosé María Lema Suárez
    Aínda que xa tiña noticia das súas actividades pola prensa e algunha que outra publicación sobre o cooperativismo e o mundo agrario, penso que coñecín persoalmente a D. Avelino Pousa Antelo a finais do ano 1976.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    Números anteriores
     
    De interese
    O sindicalismo de clase depende de tí
    CALENDARIO LABORAL 2010
    CALENDARIO LABORAL 2011
    CALENDARIO LABORAL 2012
    A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
     
    Sácalles a lingua  
     
    CONTRA O PACTO SOCIAL
    O XORNAL - información obreira
    O IMPERIALISMO NON PASARA!!
    NON AS NUCLEARES
    22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

    cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript