Xullo de 2012
 
 

16/07/2012

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL - FUNCIONARIZACIÓN
 

Asembleas de Ferrol e A Coruña

Aparecemos como forza sindical a raíz do proxecto de funcionarización do ano 2008.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Abordamos, desde o Comité de Empresa este novo proceso de funcionarización por dous motivos:

 

  • Pola alarma creada dentro do colectivo a raíz da solución que o goberno lle está a dar á crise, posibilitando os ERE entre o persoal laboral das administracións públicas.
  • Porque, neste momento, non atopabamos outra posibilidade para a execución da Transitoria II do Convenio Colectivo que non pasase pola utilización dos aforros orixinados pola propia funcionarización.
  • Acudiamos a este proceso cun un único requisito, non perder.

 

Para mellor analizar o proceso é necesario reflexionar sobre o que nos levou a pedir o voto en contra da funcionarización do ano 2008.
 
As eivas que atopabamos naquel momento eran:
 
Que significaba unha depreciación xeneralizada dos salarios porque os niveis non eran os axeitados ás cantidades que daquela percibimos.
(practicamente todas as categorías profesionais tiñan complemento persoal), complemento persoal que non se revalorizaba.
 
As Mochilas, complemento persoal, parecíannos esaxeradas na súa contía e absorvibles e creaban un factor discriminatorio debido a que os traballadores e traballadoras que se contratasen con posterioridade non terían acceso ao mesmo salario que os que eran fixos no momento da funcionarización.
 
A práctica totalidade dos niveis negociados considerábamos que eran impresentables pero os 13, 14 e 15 parecíannos insultantes, máis cando se mantiña o grupo E (o seu homólogo laboral, o 4B, conseguiramos que desaparecese no Convenio)
 
O aforro non repercutía no colectivo (daquela cuantificabamos ese aforro nuns 400.000 euros)
 
O complemento de xubilación pasaba a ser de 8.000 € cando a práctica totalidade de todos/as, segundo o Convenio,  íamos cobrar moito máis por ese concepto e revalorizándose constantemente.
 
En que se parecen este proxecto e o anterior:
 
Como os salarios son máis altos como laborais que os que teñen os funcionarios (negociamos un convenio que cualificamos, no seu momento, como moi positivo) aínda que houbo un incremento de niveis, na nova negociación o proxecto segue a significar unha depreciación xeneralizada dos salarios, os complementos persoais están xeneralizados. Os compañeiros/as que se contraten con posterioridade ao proceso de funcionarización non cobrarán o mesmo que os que agora somos persoal fixo, ou os/as que están agora en proceso de se converter en fixos (prazas contempladas na RPT de 2005).
 
Os aforros que para a Universidade supón a funcionarización, que agora están calculados nuns 500.000 euros non repercuten no colectivo, nin sequera para executar a Transitoria II do Convenio.
 
O complemento de xubilación segue a ser moi inferior que o que contempla o Convenio.
 
Tabla salarial non proporcionada aos membros da comisión, colgada da páxina do PAS funcionario.
 
Que cambia neste proxecto con respecto ao anterior:
 
Esencialmente, os niveis son máis altos e redúcese a mochila que será revalorizable e só absorvible en caso de promoción (salvo para os actuais grupos IVA e IVB que, por unha soa vez, non o será).
 
Porqué estamos hoxe, outra vez, nesta tesitura:
 
A situación económica do estado levou a que cundira unha especie de pánico no colectivo que leva a entender que como funcionario a situación laboral é máis segura. Hai que significar que esta situación non se vive, polo menos coa mesma intensidade, no resto das universidades galegas.
 
Esta situación leva a que moitos/as traballadores/as pensen que é preferible perder salario para gañar estabilidade. (Na asemblea dos grupos 4A-4B houbo algún sindicato que incluso dixo, para reforzar esta apreciación, que este proceso era visto con preocupación polo PDI laboral porque si nos funcionarizabamos nós tiñan eles maiores posibilidades de despido, tonterías porque nós non imos dar clase).
 
Diferimos desta “sensación”. Se ben é certo que se modificou o Estatuto dos Traballadores para posibilitar o despedimento de persoal laboral das administracións públicas entendemos que, de darse a circunstancia de ter que tomar esta determinación de xeito xeneralizado tamén afectará ao persoal funcionario.
 
A decisión está tomada:
 
Por moito que se vote a decisión está tomada, o xerente e os sindicato/os que queren a funcionarización a toda costa, de non saír adiante o proxecto de funcionarización presentado, posibilitarán a funcionarización por categorías o que será o certificado de defunción para o colectivo.
 
Que posición toma o sindicato:
 
Estivemos, estamos e seguiremos estando por un corpo único de traballadores/as da universidade, un corpo único (funcionarización) que nos aglutine recollendo o mellor de cada colectivo, é dicir, un proceso que nos iguale por arriba, non por debaixo, 500.000 euros procedentes da funcionarización e os aforros que isto creará para sempre sustentan esta reclamación.

 

Diante desta nova votación sobre a funcionarización decidimos dar liberdade de voto tendo en conta que calquera determinación que se tome prexudicará grandemente os intereses do colectivo.
 

  • No caso de votar a favor significará, en definitiva, que nós mesmos creamos o factor de discriminación salarial cos compañeiros e compañeiras que se incorporen posteriormente a este proceso. Esta consideración é mais grave, se cabe, tendo en conta que nós mesmos creamos, tamén, as condicións económicas (aforro) para que estas circunstancias se subsanasen permitindo, na práctica, que a universidade se quede con todo.
  • No caso de votar en contra levará implícito a desaparición do colectivo como tal pois, como diciamos con anterioridade, procederase á funcionarización por categorías.

 

Votacións:
 
Realizadas as asembleas en Ferrol e A Coruña sobre o proxecto de funcionarización o resultado foi:
 

LOCALIDADE

A FAVOR

EN CONTRA

ABSTENCIÓNS

TOTAL

FERROL

17

3

0

20

A CORUÑA

103

6

8

117

TOTAL

120

9

8

137

 

Consoante coas votacións, o día 13 procedeuse á sinatura do acordo que se levará ao vindeiro Consello de Goberno.

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript