12/03/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Finlandia lanza a súa reforma laboral: máis
protección aos traballadores
A reforma laboral finlandesa
é o reverso do espello do estado español: Helsinki tomou medidas para
protexer máis os traballadores e os parados. Continua co
famoso "modelo escandinavo" mentres o sur de Europa
liberaliza o seu mercado laboral.
En Finlandia, o Estado do benestar segue sendo unha
realidade concreta, e mesmo máis que antes. Cando España
anuncia o abaratamento do despedimento, Finlandia toma
medidas para protexer mellor os seus traballadores. Cun
crecemento do 2,9% e o paro ao 7,6% en 2011, pero sobre
todo, un rating 'AAA' de parte de todas as axencias de
cualificación, Finlandia ten toda a amplitude para protexer
a súa poboación activa do mellor xeito, e existir en Europa
como un modelo económico alternativo.
Engánannos coas estatísticas?
Dicía o enxeñoso e cáustico Mark Twain alá polo
século XIX, supostamente parafraseando o
primeiro ministro británico Disraeli que neste
mundo hai "mentiras, grandes mentiras e
estatísticas". E algo de razón tiña con este
pensamento crítico. E máis á luz dos tempos que
corren. Políticos e economistas non poden vivir
sen as estatísticas. E o resto dos mortais
tampouco. Os países democráticos e as economías
de mercado simplemente necesítanas. E é bo que
así sexa. Ninguén dúbida de que é fundamental
que a opinión pública coñeza a realidade das
cousas, os datos. Un mundo sen estatísticas
serias serían como volver á xungla. Os
políticos farían e desfarían ao seu antollo.
Por iso hai que esixir a máxima transparencia,
o máximo control, en todo o que sexa público.
Ata os máis pequenos detalles (Señores, aínda
non temos unha lei de transparencia e de acceso
aos datos públicos!).
Pero ás veces seguro que tedes a sensación de
que algúns gobernantes teñen certa propensión a
manipular ou a ocultar algunhas das verdades
que transmiten os datos. Por exemplo,
estatísticas da inflación, do custo da vida
para os cidadáns, non as cree ninguén
Marzo Negro chama a boicotear a industria do
cine e a música
Este mes de marzo arranca o boicot mundial
contra o negocio do entretemento organizado por
Anonymous, o chamado Marzo Negro. Dende as
redes sociais estase a facer un chamamento para
absterse de comprar discos, películas,
videoxogos ou literatura e non acudir ao cine
ou ao teatro.
Durante todo o mes de marzo non compres discos,
películas, videoxogos ou libros. Non vaias ao
cine, espera ao seguinte mes para facelo. Esta
medida deixará un burato na marxe de beneficios
que a industria contemplaba para o primeiro
trimestre de ano, que será observado polos
gobernos e as empresas. É a única forma de que
nos fagan caso. Expreso Anonymous.
Esta é a mensaxe que se está a estender polas
redes sociais. Este Marzo Negro nace como
reacción ás novas leis de propiedade
intelectual, como a lei SOPA en Estados Unidos,
que pretenden poder pechar calquera web que
conteña enlaces a contidos que non pagaron
dereitos de autor, no estado é unha protesta
contra aentrada en vigor da Lei Sinde-Wert.
Ferrol. A austeridade do PP non vai impedir
o desvío de diñeiro público para os actos
programados pola igrexa .
Acabei de ter coñecemento de que os amigos e
amigas do PP, empoleirados nas direccións das
confrarías da Semana Santa ferrolán e mesmo
nalgúns casos ex-dirixentes locais do Partido
Popular, van
continuar a recibir nada menos que 70 mil euros
para organizar as súas festas relixiosas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript