Febreiro de 2012
 
 

27/02/2012

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA
 

Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes

O diario dixital que promove o grupo de comunicación Sermos Galiza botará a andar o próximo mes, segundo adiantou un dos seus promotres, Néstor Rego, a Cuarto Poder. Pola súa banda a data de lanzamento de Diovio, outro dixital en galego, prevese que sexa en torno a finais de febreiro.

 

  • Noticias relacionadas

  • Sermos: información independente só en "páxinas de escaso seguimento"
     
    Rego, ex-concellal do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento".
     
    En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.
     
    Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digitalcitando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.
     
    Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, como o sindicato nacionalista CIG, que suscribiron unha parte do accionarado.
     
    No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade.
     
    Praza: na busca de modelos de financiamento
     
    Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vese normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.
     
    Pérez Pena argumenta que "a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer" e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.
     
    Dioivo a punto de saír do forno
     
    Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, "un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza", explican os promotores, entre os que están ex-profesionais deGalicia Hoxe e Xornal de Galicia.
     
    Tal e como  xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. O equipo de GC deséxalle a mellor das sortes a todos os proxectos que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país
     
    Por Galicia Confidencial

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript