27/02/2012
CUTUDC / Novidades
LABORAL - EMPREGO
Os ERE en Galicia crecen un 64% en 2011 e os empregados afectados, un 73%
O número de expedientes de regulación de emprego na comunidade alcanza os 1.669 fronte aos 1.076 de 2010. Os traballadores en regulación pasaron de 13.186 a 22.829.
Se o impacto da crise se medise só pola
destrución de emprego que se produce nun ano, o
de 2011 foi moito peor que o de 2010 e similar
ao de 2009, cando con máis forza comezaron a
notarse no mercado laboral as consecuencias da
recesión.
Un frío glacial percorre a medular económica e
laboral de Galicia. Os expedientes de
regulación de emprego disparáronse nos últimos
doce meses, ao pasar de
Os expedientes autorizados no conxunto do país
aumentaron algo máis do 22% respecto ao ano
anterior, o que dá unha idea do calado do
axuste realizado en Galicia no último ano,
segundo o Boletín de Estatísticas Laborais
(BEL) do Ministerio de Emprego e Seguridade
Social.
Os empregados galegos que se viron afectados
por medidas de suspensión (ERE temporal)
durante 2011 foron 15.832, un 45% máis que en
2010, mentres que os de extinción
(despedimento) foron 3.997, un 195% máis, ou
case tres veces superior á cifra do ano
anterior.
Máis da metade dos traballadores da comunidade
que viviron un ERE pertence á provincia de
Pontevedra. En total foron 12.648, case o dobre
dos 6.814 de 2010. O incremento foi do 85%. A
segunda provincia con máis afectados foi A
Coruña con 6.794 (un 31,7% máis), seguida de
Lugo, con 1.891 (114%) e Ourense 1.496 (85%).
Os que se viron prexudicados por un ERE de
extinción multiplicáronse por máis de sete, con
respecto a 2010, en Ourense (292); por máis de
tres en Pontevedra (1.935); por case tres na
Coruña (1.421) e por dous en Lugo (349).
A realidade obstínase en aparecer nas
estatísticas as reforma laborais, o despido
barato prexudica gravemente manter o posto de
traballo.
Non hai outra alternativa que a mobilización e
acabar cun sistema que é a causa última da
situación que vivimos.
Todos/as á folga xeral!!!
Prensa
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript