20/02/2012
CUTUDC / Novidades
REFORMA LABORAL
Xuíces para a Democracia insinúa que os seus afiliados non aplicarán a reforma laboral
A asociación asegura nun comunicado que a nova norma é "contraria ao dereito constitucional".
Xuíces para a Democracia (JpD) cre que a
reforma laboral que se consagra no Real Decreto
Lei aprobado polo Consello de Ministros o
pasado 3 de febreiro é "ofensiva, regresiva,
reaccionaria e profundamente inxusta". A
asociación publicou este xoves na súa
web un comunicado no que denuncia que con
este cambio lexislativo o Goberno ataca "a
esencia mesma do dereito do traballador,
intentando despoxalo do carácter tuitivo e
compensador do tradicional desequilibrio entre
as partes da relación de traballo".
A publicación deste texto ten unha grande
importancia e non só pola relevancia social de
JpD, a terceira asociación da maxistratura, con
520 afiliados. Hai que recordar que ao final, a
aplicación de todas as leis depende en gran
parte dos xuíces, que son os que teñen que
interpretar o aprobado polo poder lexislativo.
Ao longo do texto, JpD insiste en que a norma
desequilibra as relacións laborais a favor dos
empresarios. O comunicado mestura
consideracións ideolóxicas como cando fala do
"tradicional desequilibrio entre as partes da
relación de traballo" con prognósticos de
carácter económico, que resultan curiosos nunha
asociación de maxistrados: "A reforma non
servirá para crear emprego estable e non
combaterá a dualidade do mercado de traballo".
Esta nova degradación da causalidade no
despedimento (...) é contraria ao dereito
constitucional ao traballo que consagra o
art.35 da Constitución que, como recordou o
Tribunal Constitucional, integra o dereito a
non ser despedido sen causa xusta.
Os xuíces tamen fan esta reflexión:
A nosa obriga como xuíces garantes dos dereitos
fundamentais dos traballadores é continuar
aplicando as leis laborais conforme aos
principios e valores constitucionais, poñendo
freo aos posibles abusos que tan amplas
posibilidades de disposición do contrato de
traballo outorgan ao empresario.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript