Febreiro de 2012
 
 

20/02/2012

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - ISAAC ROSA
 

Unha reforma equilibrada

Eu, dos defensores da reforma laboral, non insistiría tanto en que é unha reforma "equilibrada". Dende o venres, membros do goberno e do PP, líderes empresariais e tertulianos afíns, cada vez que ven un micrófono preto e sen que ninguén lles preguntase por un posible desequilibrio, repiten que é unha reforma equilibrada. Eu que eles variaría un pouco o argumentario, porque se aínda queda algún traballador con dúbidas, vai acabar mosqueándo se ante tanta insistencia no equilibrio.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

    Evidentemente a reforma laboral é calquera cousa menos equilibrada. E non por desequilibrada: máis que iso, é desequilibrante. Busca quebrar o máis que precario equilibrio que aínda puidese quedar nalgunhas empresas na relación de forzas entre traballadores e empresas. Nas que aínda quedara equilibrio, insisto, porque na maioría xa a crise, coa presión do paro masivo, rompera en anacos unha relación que nunca fora de igual a igual, pero polo menos non era tan desproporcionada como agora.
     
    Porque todo aquilo que hoxe nos presentan como privilexios, regalos ou antigallas (a indemnización por despedimento, o convenio colectivo, as garantías legais, a tutela xudicial) foron durante moito tempo os contrapesos que compensaban máis ou menos (case sempre menos) unhas relacións que, se se desen de ti a ti, o traballador a soas co empresario, serían un puro abuso.
     
    Por se algún aínda ten dúbidas, aí vai a reforma laboral en formato tuit: dende onte poden despedirte doado e barato, baixarte o soldo, incumprir o convenio ou, se estás no paro, facerte un minijob, un contrato de formación aínda que che asomen canas, ou despedirte ao ano sen indemnización. E isto é só o comezo, a letra maiúscula, que nunca o BOE necesitara tanta lupa.
     
    E non se queixen, que podía ter sido peor: nin reducen as vacacións, nin aumentan a semana laboral, nin obrigan a poñerse de pé cando entre o xefe. Esas medidas resérvanas para a seguinte reforma, a que farán se comproban que non somos capaces de montar unha protesta á altura do seu ataque.

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript