30/01/2012
CUTUDC / Novidades
REGANOSA FÓRA DA RÍA
Solicitude de aplazamento do xuizo aos 8 mariscadores
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol apoia aos mariscadores encausados polos sucesos de maio de 2007, na súa petición de aplazamento do xuizo, motivado pola incorporación do letrado Nemesio Barxa, o que lles permitirá organizar unha mellor defensa.
Este Comité amosa unha vez máis a súa
solidariedade con todos os traballadores e
traballadoras do mar, especialmente cos oito
imputados neste proceso e con outro mais, que
por motivos similares está pendente de
sentenza, toda vez que os feitos de que son
imputados respondían a un chamamento feito por
este Comité, en defensa de Ría, dos postos de
traballo e da vida da cidadanía desta comarca,
nos que participaron centos de persoas.
Moitos membros do Comité presentaron a súa
autoinculpación no proceso, sendo rexeitada
pola fiscalía que inculpa a un número
reducidísimo de persoas polos actos
protagonizados por máis de duascentas.
Información en DIARIO DE FERROL
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript