Xaneiro de 2012
 
 

30/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL
 

Oito países do Sahel, en risco de crise humanitaria

Hai meses que as alarmas sobre unha inminente fame na zona do Sahel (rexión africana que se encontra na zona de transición entre o deserto do Sahara, ao norte, e as sabanas, ao sur) foron acendidas polas ONG.

 

  •  

    O relator especial da ONU para o Dereito á Alimentación, Olivier de Schutter, advertiu de que é necesario actuar xa na zona Non podemos esperar ata que a xente estea famélica para empezar a actuar, o mundo debe moverse inmediatamente para evitar unha crise alimentaria a grande escala".
     
    As cifras que ofrecen as organizacións son alarmantes. Unicef cifra nun millón o número de nenos que sofren risco inminente de desnutrición se a comunidade internacional non se mobiliza. Os países máis afectados son Níxer, Mauritanai, Mali e Chad, pero a preocupación trasladouse tamén a Burkina Faso e Senegal, e ás rexións setentrionais de Camerún e Nixeria.
     
    Os estados máis afectados son Níxer, Mauritania, Mali e Chad
     
    A maioría dos gobernos, segundo sinalou onte De Schutter, reaccionaron "rápido": declararon o estado de emerxencia e solicitaron asistencia internacional. Neste sentido, o voceiro de Nacións Unidas esixiu á comunidade internacional "esa mesma urxencia" para resolver a crise. "Non se poden cometer os mesmos erros do ano pasado, cando os axentes internacionais atrasaron a súa resposta á crise do Corno de África", advertiu De Schutter.
     
    Un informe recente realizado por Intermón Oxfam e Save The Children sinala que, se a resposta internacional á crise humanitaria de Somalia, Kenya e Etiopía tivese chegado a tempo, se terían evitado miles de mortes.
     
    Nacións Unidas declarou oficialmente a fame no Corno de África o pasado agosto, pero xa meses antes as ONG deran a alerta. Esa demora, que se elevou a seis meses, á hora de reaccionar tivo consecuencias nefastas: máis de 50.000 persoas morreron na rexión entre abril e agosto do ano pasado, a metade deles nenos menores de 5 anos.
     
    Nacións Unidas: "Non" podemos esperar "a que a xente estea famélica"
     
    No Sahel, hai varios factores de risco a ter en conta que se repiten na maioría de países africanos: a inestabilidade do clima, o que provoca á súa vez o baixo rendemento das colleitas e o endebedamento dos agricultores, e a constante subida do prezo dos alimentos. Estamos no período inmediatamente posterior á colleita, cando os prezos deberían caer de xeito significativo, pero nalgúns casos continúan subindo e noutros estabilízanse por enriba da media dos últimos cinco anos", afirmou De Schutter.
     
    Por exemplo, en Níxer o prezo do paínzo foi na colleita de novembro de 2011 un 37% máis caro que o ano anterior.
     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript