30/01/2012
CUTUDC / Novidades
NOVO PACTO SOCIAL
Os sindicatos maioritarios cómplices, unha vez máis, da precarización económica e social
O que viñamos anunciando desde fai algún tempo acaba de suceder, os sindicatos gobernamentais e a representación da patronal acaban de chegar a un principio de acordo no que fixan definitivamente o que desde o goberno de Mariano Rajoy ordenara cando chegou ao goberno.
Segundo o transcendido do acordado consolídase unha perda brutal no poder adquisitivo de traballadores e traballadoras, en concreto asinan unha suba salarial máxima do 0,5% neste ano, e do 0,6% en 2013 e 2014, condicionado pola evolución da inflación en caso de que supere o obxectivo oficial do 2%.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript