30/01/2012
CUTUDC / Novidades
LABORAL
O paro subiu en 2011 un 18,13% en Galicia, ata as 240.400 persoas
O paro subiu en 36.900 persoas en Galicia en 2011, o que supón un incremento do 18,13% respecto a 2010, de modo que a cifra total se situou en 240.400 desempregados e bota unha taxa de paro do 18,3% na Comunidade galega, de acordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) referidos ao último trimestre do ano difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Segundo as cifras sinaladas na enquisa o
paro en Galicia medra a un ritmo do dobre que
no resto do estado.
A pesar dos acordos no seu día subscritos cos
sindicatos amigos e que ían destinados a loitar
contra o paro (coma
os recentemente asinados) que o desemprego
aumente en Galicia moito máis que no conxunto
do Estado é unha mostra de que esa política
fracasou. Tampouco na nosa nación a “baixada de
pantalóns” dos sindicatos maioritarios axuda a
que se creen empregos
O incremento alarmante do desemprego desde que
Feijoo é presidente da Xunta contrasta co seu
compromiso durante a campaña electoral polo que
apalabraba acabar co paro en 45 días. Iso si o
incremento escandaloso de desempregados/as será
a escusa, unha vez máis esgrimida polo seu
colega Rajoy, para axilizar a reforma laboral e
precarizar, aínda máis, as condicións laborais,
económicas e sociais da clase obreira.
En Galicia, o paro creceu no último trimestre
de 2011 un 6,1%, en relación ao trimestre
anterior, o que supón un incremento de 13.800
persoas en situación de desemprego.
Deste modo, o aumento do paro en Galicia
durante 2011 foi o cuarto máis acusado --tras
os de La Rioja, Navarra e Extremadura--, pero a
taxa de desemprego mantense máis de catro
puntos por debaixo da marca estatal e é a sexta
máis baixa (son máis reducidos as de Aragón,
Cantabria, Castilla e León, Navarra e País
Vasco).
Ademais, o número de ocupados situase en
1.072.900, o que supón a destrución de 20.200
empregos en 2011 (un 1,85% menos). Na
comparación co trimestre anterior, 14.100
persoas deixaron de estar ocupadas, o que bota
un descenso do 1,3%.
MÁIS PARO ENTRE MULLERES QUE ENTRE HOMES
A taxa de actividade en Galicia situouse ao
peche de 2011 no 55,33% e foi maior entre os
homes (un 61,48%) que entre as mulleres (un
49,72%). Así mesmo, o número de varóns ocupados
situouse en 574.100 e o de parados en 122.600,
co que a taxa de paro masculina rematou o ano
no 17,6%.
En canto ás mulleres, o ano rematou o Galicia
con 498.800 ocupadas e 117.700 paradas. Deste
modo, a taxa de paro feminina subiu ata o
19,09% no último trimestre do ano.
No Estado español, o paro subiu en
577.000 persoas en 2011 respecto a 2010, un
12,3% máis, situándose o número total de
desempregados en 5.273.600 persoas, cifra
inédita ata agora para a economía española. A
taxa de paro escalou ao peche do ano pasado ata
o 22,85%, porcentaxe 2,5 puntos superior ao de
2010.
A taxa de paro alcanza así o seu nivel máis
alto da serie histórica comparable, que arranca
en 2001. Remontándose máis atrás, utilizando
series non comparables, non se alcanzaba unha
porcentaxe desta natureza dende o primeiro
trimestre de 1995, cando a taxa de paro se
chegou a situar no 23,49%. No primeiro
trimestre de
No conxunto do Estado, o paro subiu no cuarto
trimestre de 2011 respecto ao mesmo período do
ano anterior en 577.000 persoas, un 12,29 por
cento, mentres que a taxa de paro ao peche do
ano se situou no 22,85,
Ademais dos aumentos de La Rioja (19,38) e
Navarra (19,06), o paro subiu tamén por enriba
da media en Extremadura (18,94), Galicia
(18,13), Castilla-La Mancha (16,27), Madrid
(15,01), Baleares (13,95), Asturias (13,71) e
Catalunya (12,91). Con menores porcentaxes
situáronse Aragón (5,89), Murcia (6,66),
Castilla-León (7,91) e Cantabria (8,44).
En termos absolutos, no cuarto trimestre de
2011 en relación ao mesmo período do ano
anterior, o paro creceu máis en Andalucía
121.100 persoas, Catalunya (88.700), Madrid
(81.300) e Comunidade Valenciana (65.400).
En canto á taxa de paro, a máis alta deuse en
Andalucía (31,23) seguida de Canarias (30,93),
Extremadura (28,59), ademais das cidades
autónomas de Ceuta e Melilla con 29,16 e 28,13,
respectivamente.
As taxas máis baixas de paro rexistráronse en
Euskadi, con 12,61 e Navarra, con 13,82.
Respecto ao terceiro trimestre, o desemprego
subiu en todas as autonomías e fíxoo en maior
medida en Baleares (33,67), Extremadura
(22,73), Navarra (17,38) e Cantabria (12,08), e
o único saldo negativo neste período sería en
Ceuta cun 1,22
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript