Xaneiro de 2012
 
 

30/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS IN-XUSTIZA
 

Gallardón anuncia a implantación do copago, a cadea perpetua…

O novo Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, subiu un grao no radicalismo das medidas do novo goberno do Partido Popular.

 

  •  

    Copago.
    Anunciou na Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados que pretende establecer un copago na xustiza en segunda instancia (A xustiza para os ricos). A efectos prácticos, suporía que todos os afectados que non estean conformes coa sentenza dun proceso terán que pagar se queren recorrer ante un tribunal distinto.
     
    O cidadán, polo tanto, terá que facer fronte cos seus propios recursos económicos aos custos do proceso a través dunha cota que non se quixo especificar.
     
    Reforma do aborto
    Á súa vez, o novo ministro anunciou á súa vez unha reforma da lei do aborto para volver obrigar as menores embarazadas a recibir o permiso dos seus pais se queren interromper o embarazo, neste caso quérese volver aos 80 cando a Lei do Aborto se facía cun tratamento penal desde el Ministerio de Xustiza.
     
    Lei do menor
    O debate na Comisión de Xustiza serviu para descubrir que o Goberno, aproveitando a relevancia mediática do xuizo da morte de Marta del Castillo, reformará tamén a Lei do Menor de maneira que, en casos de delito grave nos que haxa implicados adultos e menores, todos poderán ser investigados e axuizado conxuntamente e non por separado, aínda que cada parte recibirá a lexislación pertinente.
     
    Cadea perpetua
    Anunciou, tamén, unha reforma en materia penitenciaria que abre a porta á instauración da pena de prisión permanente revisable. En palabras do ministro, esta medida sería unha pena excepcional que se aplicaría nos casos que tivesen causado unha grande "alarma social". É dicir, que máis que a gravidade do delito, se medirá a repercusión que del fagan os medios de comunicación.
     
    Gallardón rescatou o discurso máis conservador do PP para asegurar tamén que é partidaria de manter a doutrina Parot, unha declaración de intencións á que sumou que non haberá amnistías nin saídas colectivas para os reclusos da organización armada.
     
    Neste contexto, o ministro de Xustiza recordou os presos que a súa única saída para acollerse aos beneficios penitenciarios pasa por solicitalos de xeito individual, pedir perdón ás vítimas e reparar a dor causada, uns requisitos nos que o “Goberno español” será inflexible. "Se alguén está a pensar que aqueles que sementaron o terror van poder beneficiarse do cesamento de ETA, estase equivocando", advertiu.
     
    A falta de concretar os prazos de execución destas medidas, a maioría absoluta dos populares no Congreso dos deputados axilizaría a aprobación de todo este paquete de medidas, que tamén buscaría a reforma no sistema de elección dos membros do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
     
    Con estas medidas a xustiza retrocede décadas, formúlase un paquete que realmente amosa que a cara “moderada” do réxime é tan radical como o resto do goberno.
     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript