30/01/2012
CUTUDC / Novidades
EN GALICIA NON NOS LIBRAMOS DOS RECORTES
Feijoo anuncia que nos sacrificará
Coa escusa, mentira por certo, de preservar os servizos esenciais Feijoo anuncia que obrigará aos Galegos e galegas a apertarse, unha vez máis o cinto.
Di tamén que lle gustaría que os
“sacrificios” se acordasen, unha vez máis, cos
sindicatos pero que de non ser este o caso que
se lexislarán de igual xeito porque ten a
obriga de gobernar.
A primeira falacia dun discurso repetitivo é
que “para preservar os servizos esenciais hai
que sacrificarse”, a realidade é ben diferente,
obrígannos aos sacrificios máis importantes da
historia recente impoñéndonos o paro,
precariedade, perda de dereitos sociais pero
tamén recortan nos servizos considerados como
esenciais.
Da marea de recortes non se libra ningún
servizo público.
Redúcense os orzamentos, privatízase e increméntanse os prezos en toda a
esfera educativa, desde a educación infantil á
Universidade, a educación cada vez é de
inferior calidade, uns 1.000 docentes menos
neste curso significan máis alumnos por aula e,
polo tanto, unha atención, e
educación, de menor calidade
A sanidade, outro servizo considerado esencial,
ten un trato semellante, como en educación e
demais esferas da administración pública, non
se libra dos recortes orzamentarios e de
persoal.
A privatización avanza a pasos cada
día máis grandes e veloces abarcando desde os
centros de saúde aos hospitais. Os recortes
evidéncianse, denunciados polas plataformas
cidadás, no peche de quirófanos, na falta de
camas, na masificación das urxencias, na
limitación de servizos que se prestan á
comunidade e no copago.
Nesta situación de absoluto deterioro económico
e social resulta inaudito o afán dos sindicatos
por asinar todo o que lles poñen enriba da
mesa. Cando a cidadanía se mobiliza case a
diario polo mantemento dos dereitos que se
adquiriron despois de anos de loita, os
sindicatos, polo porta de servizo asinan
acordos que non farán máis que deteriorar e
precarizar aínda máis as vidas dos
traballadores e traballadoras.
A estratexia é brutal, a insistencia en que a
situación é desesperada e que hai que aplicar
medidas “difíciles, métesenos na cabeza desde
todas as esferas políticas, económicas e
mediáticas. Inténtase deixarnos exhaustos, sen
a máis mínima forza para que non poidamos
articular ningunha respostas. Non o van
conseguir.
Unidade, forza e resposta!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript