30/01/2012
CUTUDC / Novidades
CONTRA O MENOSPREZO
Concentración do Persoal de Servizos Centrais da Xunta
Os órganos de representación dos
funcionarios e persoal laboral dos servizos centrais da Xunta de Galicia concentrouse en sinal de protesta polo menosprezo da Administración galega no exercicio das súas funcións legalmente recoñecidas
Nos 9 meses que leva en funcionamento, na
actual xunta de persoal foi intensa a
actividade desenvolvida sen que, nalgúns casos,
os departamentos da Xunta de Galicia se
dignasen en prestar un mínimo de interese. É a
tónica xeral, no noso trato coa Administración,
a dificultade tan só de obter unha resposta ás
diversas suxestións ou requirimentos feitos. Na
maioría dos casos son reiterados os escritos e
chamadas realizadas para obter varios meses
despois respostas evasivas da problemática
proposta que en ningún caso son satisfactorias
para os intereses das persoas que
representamos.
Entre os aspectos máis destacados se atopa:
Solicitude de entrevista co presidente da Xunta
para mostrar a nosa indignación pola campaña de
humillación contra a nosa figura. Nin tan
sequera nos respostou a carta que lle
remitimos.
Solicitude de información sobre as asistencias
técnicas despregadas en cada consellaría. Sólo
foron dúas as que contestaron (Medio Rural e
Traballo) cun tono prepotente e mentindo cando
aseguran que non había ningunha.
Solicitude de desatasco dos procesos pendentes
en Función Pública; nomeadamente os concursos
de traslados. Co director xeral foron
solicitadas varias xuntanzas amosando bastantes
dificultades mentres recibe persoas a nivel
particular sen ningún problema. En todo caso,
sempre achamos respostas evasivas aos asuntos
demandados.
Solicitude de homexeneización dos criterios de
interpretación nos distintos departamentos das
vacacións, permisos e licenzas. Tempo xa que se
leva prometido un borrador sen obter ningunha
resposta.
Solicitude de melloras concretas do
procedemento disciplinario co obxecto de facelo
máis garantista no dereito ao posto das persoas
que en sentenza xudicial foses declaradas
inocentes. Non obtivemos resposta.
Solicitude de xuntanzas para tratar
problemáticas laborais de diferentes
compañeiros sen que nin sequera chegasen a
recibirnos (secretario xeral de Educación e
secretaria xeral de Traballo).
Convidamos, e solicitamos o seu apoio, ao resto
de delegados e delegadas do Comité de Empresa
así como das seccións sindicais, que no seu
traballo diario na defensa dos intereses das
traballadoras e traballadores públicos deste
centro teñen tamén que lidiar co menosprezo da
Administración.
A presidenta,
Pilar de Celis
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript