30/01/2012
CUTUDC / Novidades
CONSUMO
FUCI calcula que viaxar en coche custa un 57% máis que hai tres anos
A Federación de Usuarios-Consumidores Independentes, FUCI, calculou a evolución do custo dos carburantes nos últimos tres anos detectando que o prezo das gasolinas encareceu case un 60% o custo dunha viaxe.
Segundo datos do Boletín Petroleiro da
Unión Europea, o litro de gasolina custa
actualmente 1.367 â?¬ e o do gasóleo 1,360,
mentres que en xaneiro de 2009 o custo era de
0,875 e 0,869 respectivamente. Isto supoñen
segundo os cálculos de FUCI unhas subas, en
tres anos, do 56% no caso da gasolina e do 57%
no do gasóleo.
Asímismo, FUCI calculou que realizar unha viaxe
en coche de 100 quilómetros, cun consumo medio
de
Para o presidente de FUCI, Gustavo Samayoa, "as
constantes alzas no prezo dos carburantes son
inadmisibles porque supoñen un esforzo
económico extra para millóns de familias, que
xa están afogadas pola conxuntura económica
actual. Estes incrementos van afogar ás rendas
baixas e a prexudicar moito ás medias lastrando
calquera indicio de recuperación económica e
mesmo dando lugar a unha escalada de prezos
doutros produtos" "debido ao peso do petróleo
na produción, transporte e distribución dos
bens de consumo".
Asímismo, Samayoa defende "a transparencia na
fixación de prezos nas gasolineiras, motivo
polo cal os españois deben saber que os
impostos representan practicamente o 50% do
custo total do prezo dos carburantes,".
O presidente de FUCI considera importante que
os cidadáns "sexan conscientes da importancia
de realizar unha condución eficiente porque
permite que o gasto en combustible sexa menor
así como reducir as emisións de CO2 á
atmosfera. Neste sentido, FUCI, considera
esencial o uso do transporte público e
compartir o coche con outros condutores".
Ante esta preocupación e debido á alza
constante do prezo dos carburantes, a FUCI
elaborou un decálogo con dez sinxelos consellos
cos que os automobilistas poden limitar a
factura de combustible en ata un 20%.
- Arranca o vehículo sen acelerar.
- Mantén o motor ao ralentí o menor tempo
posible.
- Conduce con marchas longas e o motor a baixas
revolucións.
- Vixía a presión dos pneumáticos.
- Apaga o motor en paradas prolongadas.
- Non abuses do aire acondicionado.
- Evita as fiestras completamente baixadas ou o
teito aberto.
- Non sobrecargues o coche e distribúe
axeitadamente a carga.
- Observa as instrucións de mantemento do seu
coche e revisa periodicamente o nivel de
aceite.
- En viaxes longas planifica a ruta e escolle
o camiño menos conxestionado.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript