30/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
O sistema non era o que eu pensaba
Cando oio a frase vivimos
por enriba das nosas posibilidades" -goebbelianamente
repetida ata a saciedade polos que pretenden socializar as
responsabilidades despois de privatizar os beneficios- en
boca dunha das moitas vítimas con síndrome de Estocolmo, non
podo deixar de pensar: " Ah! pero, nesta parte do mundo, non
se trataba diso? O acaso non se sustenta todo isto na
sobreprodución de sobreabundancia para o superconsumo de
cousas absolutamente prescindibles? ". E a continuación,
nunha deriva da miña vea fantasiosa, dáme por pensar se os
difusores da frase non serán membros dunha rede conspirativa
antisistema, pois encerra unha carga subversiva: hai que
rematar co superconsumo e a sobreabundancia de produtos
prescindibles. Eu, por se acaso, enviaría á Policía
Antidisturbios a desaloxar a asemblea do Foro Económico
Mundial en Davos.
Silencio eclesial
A Igrexa católica percibe
mensualmente do Estado máis de 13 millóns de
euros a conta da cantidade que lle corresponde
pola aplicación da Lei 42 de 2006 ( BOE 31
decembro 2011). A institución católica vai ver
incrementados os seus ingresos este ano na
mesma medida que a nós nos chega un bo recorte
a través da declaración da renda. Non obstante,
non vin estes días ningunha resposta ás
denuncias que se lle fixeron sobre as exencións
fiscais da Igrexa, a súa falta total de
transparencia financeira e as propostas de
axustes no seu financiamento. Pero os
arcebispos de Valladolid e Tarragona si se
acaban de descolgar con declaracións sobre as
misas, sobre os pregóns de Semana Santa e sobre
os matrimonios. É unha broma? Ou é que volvemos
de novo aos tempos do vello Exipto en que a
casta sacerdotal gozaba de todos os privilexios
xunto aos faraóns?
Os alimentos son algo máis que mercadorías
O relator de Nacións Unidas
(ONU) Olivier de Schutter ten pedido á
Organización Mundial de Comercio (OMC) que non
trate o dereito á alimentación coma se fose
unha mercadoría. "Os alimentos van alí onde hai
maior poder adquisitivo, non onde as
necesidades de alimentación son máis urxentes",
denuncia De Schutter. Talvez sexa o momento de
cambiar o modelo comercial, de revalorizar o
produtor e dignificar o consumidor. Os
alimentos son algo máis que unha mercadoría.
A gran fábrica de parados
As bágoas de crocodilo do PP
culpando Zapateiro dos cinco millóns de parados
omiten a existencia da crise e a súa
responsabilidade na orixe e lanzamento da
burbulla da construción que impulsou a gran
masa de emprego fráxil e non sostible. Agora,
combinan a mesma cantilena co conto da leiteira
de que saben como sacar o emprego a flote
grazas ao crecemento económico que Rajoy
promete, aínda que non para este ano, sen dar
pistas ao respecto. As medidas de axuste van en
contra do emprego e dificultan o crecemento
económico. Como por exemplo, o feito de que
aumenten as horas de traballo por empregado,
método estendido ao ensino público, a sanidade,
os servizos sociais e os traballadores públicos
en xeral, que se aplica nas comunidades
autónomas de Madrid, Valencia e Castela-A
Mancha, coa consecuente deterioración da
calidade dos servizos e co punto de mira posto
nunha irreversible privatización.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript