Xaneiro de 2012
 
 

30/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  RECOLLIDA DE SINATURAS
 

Apoio aos 13 traballadores da Torre de Hércules despedidos

Co novo goberno municipal da Coruña, dende o domingo 15 de Xaneiro de 2012, 13 traballadores da Torre de Hércules quedámonos na rúa, sen ningunha opción, sen ningunha explicación.

 

  •  

    A explotación deste museo da Coruña sempre se levou a cabo por empresas de servizos privadas a través de concesións municipais. Os traballadores levamos prestando máis de 15 anos o servizo de atención ao público neste museo, polo cal pasaron varias empresas que sempre respectaron os nosos postos de traballo.
     
    Por que agora non?
     
    Igual que vós, non temos ningunha resposta por parte do Consorcio de Turismo da Coruña, con María Luisa Cid á fronte. Simplemente chegamos ao noso posto de traballo o domingo día 15 de Xaneiro encontrándonos a porta pechada e os fechos cambiados.
     
    Antes que traballadores somos persoas e dado que nunca houbo críticas nin reclamacións cara ao noso labor, non entendemos o trato recibido por parte da nova corporación municipal.
     
    Que queremos?
     
    Non temos outro obxectivo que seguir traballando. A nosa única pretensión é a de levar o pan ás nosas casas, alimentar as nosas familias, simplemente poder traballar e que se materialice noso dereito a ser subrogados.
     
     
     

    ASINA, SOLIDARÍZATE COS COMPAÑEIROS/AS

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript