Xaneiro de 2012
 
 

23/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Catalunya sairá á rúa o 28 de xaneiro contra os recortes

Catalunya vivirá o 28 de xaneiro unha gran xornada de protesta cidadá contra os novos recortes dos servizos públicos convocada pola plataforma Prou Retallades! que pretende sacar á rúa a miles de persoas en contra dos presupostos da Generalitat para 2012.

 

  •  

    A política de austeridade do goberno de CiU e medidas como o pagamento dun euro por receita médica ou a suba das tarifas do transporte público, levou ás 200 organizacións que constitúen a plataforma a convocar manifestacións, entre a que destaca a que partirá ás 17:00 horas da praza Catalunya de Barcelona e que finalizará ás portas do parque da Ciutadella.
     
    Co lema "Non á ditadura financeira. Paremos os recortes! " a plataforma Prou Retallades! quere repetir o éxito da primeira gran protesta cidadá contra os recortes, que tivo lugar o pasado 14 de maio e que, segundo cifras dos convocantes, mobilizou en Barcelona 150.000 persoas.
     
    Voceiros da plataforma de ámbitos como a saúde, a educación, os xubilados, os mozos e as asociacións veciñais expuxeron hoxe en conferencia de prensa a súa carta de agravios contra a política do goberno de Artur Mas e o seu xeito de atallar a crise económica.

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript