23/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Xunta reserva dous millóns para propaganda no inicio do ano electoral
Case dous millóns e medio de euros. É a cantidade que o Goberno galego pode chegar a gastar coa contratación de senllas campañas de propaganda institucional cuxa tramitación vén de iniciar a través da Secretaría Xeral de Medios e da Consellería de Economía e Industria.
Poucos días antes de que o presidente da Xunta concretase a primeira crise na composición do seu Goberno, motivada pola incorporación de altos cargos ao equipo de Mariano Rajoy, ambos departamentos remitían ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) senllos anuncios previos. Trátase de dous avisos sen valor contractual que teñen como obxectivo advertir ás empresas potencialmente interesadas en toda a UE de que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo vai licitar dúas accións propagandísticas no inicio do ano no que, previsiblemente, os galegos serán chamados ás urnas para renovar o Parlamento.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript