Xaneiro de 2012
 
 

23/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O gran apagón ameaza a Rede

"Todos contra a SOPA". A mensaxe lánzase desde Google, Facebook ou Wikipedia, que xa fixeron un apagamento dixital de 24 horas para protestar contra un proxecto de lei antipirataría en EUA, que pretende criminalizar calquera empresa que aloxe ou redirixa contidos “ilegais” en calquera parte do mundo.

 

  •  

    Non son os únicos. Yahoo!, Foursquare, Twitter, Amazon, Mozilla, AOL, eBay, PayPal, IAC, LinkedIn, OpenDNS e Zynga tamén se uniron para loitar contra a SOPA, como se coñece ao proxecto de lei antipirataría Stop Online Piracy Act, que se debaterá no congreso estadounidense o 24 de xaneiro.
     
    A Lei SOPA foi presentada no Congreso dos Estados Unidos para poder pechar calquera sitio Web a nivel DNS, sospeitoso de conter material que viole os dereitos de autor ou propiedade intelectual do seu propietario orixinal e que estea a ser utilizado sen o seu consentimento. O que pretende é impedir que os usuarios intercambien as noticias de interese que circulan en Internet entre un grupo ilimitado de persoas unidas por unha Rede social sen fronteiras e, de paso, rematar co chamado Web 2.0, coñecido como "porto seguro". É dicir, que marcas como Google, YouTube ou Twitter poderían ser criminalizadas se calquera dos seus usuarios subise un enlace que dirixise a un portal con contidos protexidos por dereitos de autor. Outra máis: tamén o serían se publicasen contidos protexidos en streaming. A última: tamén se a vostede lle dá por publicar un vídeo en, poñamos por exemplo, Vimeo, cantando unha canción protexida co sagrado copyright.
     
    Se no debate no Congreso do proximo día 18, a lei SOPA segue o seu curso legal, estas grandes compañías poderían organizar unha desconexión conxunta a escala global o próximo 23 de xaneiro, un día antes de que a lei se volva debater na Cámara de Representantes. Se iso acontecese, trataríase dun apagamento dixital sen precedentes na historia de Internet, que supoñería perdas millonarias en todo o mundo.
     
    En caso de aprobarse, o Departamento de Xustiza norteamericano tería a facultade de investigar, perseguir e mesmo desconectar o site que fora en calquera parte do mundo. Nin que dicir ten que afectaría aos motores de busca, provedores de dominios, os servizos de intermediación de pagamento como PayPal e calquera outro tipo de empresa.
     
    Como non podía ser doutra forma, as empresas que están a favor son os estudos de cine, as marcas de discos, as provedoras de cable e Netflix. En contra, todo Netcoalition.com e miles de usuarios de redes sociais. O sitio Avaaz está a pedir firmas para demandar ao goberno de Estados Unidos que non censure Internet en nome do copyright. Non é esaxerado dicir que está en xogo o futuro da Rede e que esta lei, de producirse, se recordará co paso dos anos como o fixo a Lei seca ou a do divorcio dependendo de en que países. En xogo hai moito diñeiro e sobre todo lobbys que non deixarán de loitar polos seus intereses.

    Mafalda explícache a SOPA

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript