Número 119 - 24 de xaneiro de 2012
 
 
SANIDADE PÚBLICA

    En concreto, a plataforma decidiu presentar esta iniciativa, que podería tratarse no Parlamento en primavera tras recoller as 15.000 firmas necesarias, nun prazo de catro meses, como "resposta ás políticas de agresión á sanidade pública" en Galicia, así como polos "recortes sufridos" neste servizo. Para iso, decidiron darlle "participación á cidadanía", que poderá apoiar esta iniciativa coas súas firmas.

UNIVERSIDADE

    As circunstancias nas que o equipo reitoral tomou posesión obrigan a que, de xeito inmediato e urxente teña que tomar unha serie de iniciativas.

UNIVERSIDADES

    A presidenta da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), Adelaida da Rúa, advirte de que os centros universitarios "non poden apertarse máis o cinto" e solicita ao novo Goberno e ás comunidades autónomas que non recorten os orzamentos universitarios se queren que a Universidade española "alcance a excelencia que se lle esixe".

LABORAL

    O presidente electo Mariano Rajoy pedirá a empresarios e sindicatos pórse de acordo nun novo modelo de negociación colectiva, aínda que xa adiantou que acabará cos convenios sectoriais. E vai máis aló, confiará en axencias privadas para suplir a suposta ineficacia do INEM para colocar parados.

PARO

    A taxa de paro dos mozos continúa subindo na maioría de países da Unión Europea. Segundo os últimos datos da oficina de estatística comunitaria Eurostat, a taxa de desemprego entre os menores de 25 anos ascende ao 22,3%. Os políticos neoliberais xa teñen o seu particular "solución".

CRISE

    A Coruña evidencia nos primeiros compases deste ano 2012, que se augura moi duro social e economicamente, un agravamento dos síntomas máis indesexables da crise.

TODOS/AS CONTRA A SOPA

    "Todos contra a SOPA". A mensaxe lánzase desde Google, Facebook ou Wikipedia, que xa fixeron un apagamento dixital de 24 horas para protestar contra un proxecto de lei antipirataría en EUA, que pretende criminalizar calquera empresa que aloxe ou redirixa contidos “ilegais” en calquera parte do mundo.

ANO DE ELECCIÓNS, XA SE SABE

    Case dous millóns e medio de euros. É a cantidade que o Goberno galego pode chegar a gastar coa contratación de senllas campañas de propaganda institucional cuxa tramitación vén de iniciar a través da Secretaría Xeral de Medios e da Consellería de Economía e Industria.

APOIO Á CIENCIA

    Case cen mil persoas apoiaron xa esta iniciativa posta en marcha por parte do científico español Francisco J. Hernández, pola que se pide poder dedicar o 0,7 dos teus impostos á ciencia.

OPINIÓN . Xavier Vence Deza

    Este artigo ten por obxecto analizar o contido do programa do novo Goberno que saíu das eleccións do pasado 20 N co fin de avaliar as súas posibilidades de éxito en relación o cumprimento dos seus obxectivos, así como os efectos de toda índole que a aplicación do devandito programa pode manifestar sobre os distintos grupo sociais afectados por el.

OUTRO QUE SE VAI SEN SER XULGADO


    Todos os medios de comunicación mitifícano e gábano como gran estadista. Esquecen que foi unha parte importantísima do Movemento Nacional que gobernara “España” a base de fusilamentos e tortura, non destacando nada polo seu talante democrático.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    Unha veciña de Oleiros pide «humanidade» aos bancos e que acepten a dación en pagamento por un piso do que foi desafiuzada.

OPINIÓN - ISAAC ROSA

    Propón Mark Taibbi en 'Cleptopía' que á crise a chamemos polo seu verdadeiro nome: estafa.

    
  •   
 
 SERVIZOS PÚBLICOS
    O emprego público, é o sustento, a base, dos servizos públicos esenciais que atenden a todos os cidadáns -sanidade, educación, servizos sociais…- posibilitando o exercicio dos dereitos da cidadanía.
 Federación Sindical Mundial

    A Unión Internacional de Sindicatos dos Servizos Públicos e Similares (TUI-PS-S) para Europa, na Conferencia realizada os pasados días 26 e 27 de Outubro, en Roma, ante o peche transversal e xeneralizado de Servizos Públicos, para responder aos intereses do grande capital monopolista transnacional, preparado para converter estes servizos dos Estados en negocios lucrativos (concretamente nas áreas de Sanidade, Educación, Seguridade Social e Tributación, nas administracións centrais e locais), con fortes consecuencias a nivel de dereitos laborais, diminución do emprego e procesos de despedimentos, considera que só a loita e a forza organizadas de todos os Sindicatos poden frear este brutal ataque aos dereitos dos traballadores e dos pobos.

 FRAUDE FISCAL
    O custo da fraude fiscal no estado ascende a uns 70.000 millóns de euros ao ano, arredor do 23% do PIB, o que equivale ao presuposto total do sistema sanitario español, segundo a análise realizada sobre a fraude pola consultora i2 Integrity.
 CRISE. A SAÍDA
    Unha decena de expertos suxire un catálogo alternativo de propostas para que o 'machadazo' non se cebe na maioría da poboación.
 OS DE SEMPRE FÓRRANSE

    A restrinxida transparencia imposta polo Banco de España aos sete grupos de caixas rescatados con diñeiro público do FROB sacou á luz, por primeira vez, as retribucións dos seus altos directivos e as remuneracións que reciben políticos de distinto signo por ocupar asento nalgún dos seus consellos de administración.

 ALTO AOS RECORTES
    Catalunya vivirá o 28 de xaneiro unha gran xornada de protesta cidadá contra os novos recortes dos servizos públicos convocada pola plataforma Prou Retallades! que pretende sacar á rúa a miles de persoas en contra dos presupostos da Generalitat para 2012.
 A IGREXA, NO CEO

    A Igrexa goza de máis de 10.000 millóns de euros anuais libres de impostos. A crise non está a afectar á institución que se converteu, segundo Europa Laica nun auténtico "paraíso fiscal e financeiro de carácter ideolóxico relixioso".

LABORAL
    Unha das primeiras medidas do Goberno do Partido Popular consistiu en conxelar o Salario Mínimo Interprofesional en España, que quedou situado para 2012 nos mesmos 641 euros de 2011. A cifra afástanos aínda máis dos demais países europeos de primeiro nivel.
 EMIGRACIÓN

    Galicia é a terceira comunidade, por detrás de Euskadi e Baleares, onde máis creceu a cifra de emigrantes respecto a 2010. Cada día fan as súas maletas 36 residentes na comunidade

    LINGUA
    A situación de crise económica e a política de austeridade coa que se lle quere facer fronte xustifícao todo, desde o peche de quirófanos pasando pola privatización da administración pública até a eliminación dunha gran parte dos cursos que posibilitaban a aproximación dos cidadáns galegos/as á súa lingua.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
CALENDARIO LABORAL 2012
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript