23/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Iniciativa Lexislativa Popular: comeza a recollida de sinaturas
En concreto, a plataforma decidiu presentar esta iniciativa, que podería tratarse no Parlamento en primavera tras recoller as 15.000 firmas necesarias, nun prazo de catro meses, como "resposta ás políticas de agresión á sanidade pública" en Galicia, así como polos "recortes sufridos" neste servizo. Para iso, decidiron darlle "participación á cidadanía", que poderá apoiar esta iniciativa coas súas firmas.
O articulado da iniciativa lexislativa
critica as "actuais políticas de privatización"
do sector sanitario galego, que, na súa
opinión, "producen un contrastado empeoramento
da calidade asistencial" e un "enorme aumento
dos custos sanitarios".
En contraposición, as medidas que propón a ILP
"teñen a finalidade común de achegar o servizo
público á cidadanía e preservar o seu carácter
público, universal e gratuíto".
Elemento básico
Neste sentido, a plataforma recorda que a
sanidade pública "constitúe un elemento básico
do Estado Social" e un "claro indicador de
equidade e solidariedade". Por iso, criticaron
a "campaña neoliberal de ataque e
desmantelamento dos sistemas públicos de saúde"
que, segundo os seus datos, se está a levar a
cabo, con accións como "a redución do
presuposto sanitario" ou o "recurso ao sector
privado".
No articulado da ILP, SOS Sanidade Pública
establece que a Xunta "manterá o carácter
público da titularidade, financiamento, xestión
e provisión dos servizos sanitarios e
socio-sanitarios" da Comunidade, a través do
Sergas.
Así mesmo, recóllese que o Sergas "promoverá de
xeito prioritario, coa dotación necesaria de
persoal e medios tecnolóxicos," a mellora da
capacidade resolutiva dos servizos de Atención
Primaria, "cunha cobertura equilibrada en todo
o territorio galego e para toda a poboación".
Ademais, apóstase pola división do servizo nas
áreas sanitarias, que contarán cos recursos
sanitarios de Atención Primaria e
Especializada.
Para a presentación desta iniciativa no
Parlamento, esta deberá recibir primeiro o
visto e prace da Mesa, tras o que se iniciará
un período de catro meses para a recollida de
firmas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript