Xaneiro de 2012
 
 

23/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

23 de febreiro Do 2012. Día internacional de acción e loita

A Unión Internacional de Sindicatos dos Servizos Públicos e Similares (TUI-PS-S) para Europa, na Conferencia realizada os pasados días 26 e 27 de outubro, en Roma, ante o peche transversal e xeneralizado de Servizos Públicos, para responder aos intereses do grande capital monopolista transnacional, preparado para converter estes servizos dos Estados en negocios lucrativos (concretamente nas áreas de Sanidade, Educación, Seguridade Social e Tributación, nas administracións centrais e locais), con fortes consecuencias a nivel de dereitos laborais, diminución do emprego e procesos de despedimentos, considera que só a loita e a forza organizadas de todos os Sindicatos poden frear este brutal ataque aos dereitos dos traballadores e dos pobos.

 

  • Os efectos perversos desta política (onde os monopolios capitalistas dominan os Estados e os gobernos satisfán os intereses das grandes empresas, para os benefícios doados e rápidos), concrétanse en:
     
    . O peche e entrega/privatización de servizos públicos aos monopolios privados.
     
    . Explotación dos traballadores, coa destrución de dereitos alcanzados mediante as loitas en toda Europa dende a II Guerra Mundial.
     
    . Final do traballo con dereitos (fundamentalmente neste sector, baixando o custo do traballo).
     
    . Precarización da condición laboral.
     
    . Recurso a empresas que subcontratar traballadores.
     
    . Perda de dereitos nas xubilacións, co aumento do tempo necesario para obtelas e a redución do seu valor.
     
    A TUI-PS-S para Europa fai un chamamento a todos os Sindicatos e traballadores, especialmente aos do sector das Administracións Públicas europeas (centrais, rexionais e locais), para que se mobilicen e participen activamente nesta acción de loita, co obxectivo de entregar unha resolución nas Oficinas da Unión Europea en cada un dos países que a constitúen.
     
    POLA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
     
    POLA DEFENSA DOS DEREITOS DOS TRABALLADORES DOS SERVIZOS PÚBLICOS

     
    O Secretariado da TUI-PS-S para Europa

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript