23/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A crise dispara un 40% o número de galegos que se van ao estranxeiro
Galicia é a terceira comunidade, por detrás de Euskadi e Baleares, onde máis creceu a cifra de emigrantes respecto a 2010. Cada día fan as súas maletas 36 residentes na comunidade
Cada día 36 residentes en Galicia fan as maletas para irse ao estranxeiro. A crise económica que arrastra o país dende 2008 e o retorno de inmigrantes aos seus países de orixe disparou o ano pasado as saídas da comunidade galega rumbo a outros países. Ata un 40,5% máis de viaxes ao exterior que os rexistrados en 2010. Segundo o balance de Estimacións da poboación actual do Instituto Nacional de Estatística (INE) divulgado onte, en 2011 cruzaron a fronteira dende Galicia un total de 13.323 cidadáns -6.985 españois e 3.677 estranxeiros-, o que a converte na terceira comunidade autónoma, por detrás de País Vasco (85%) e Baleares (71,3%), con maior éxodo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript