23/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A demagoxia neoliberal co déficit e os impostos
Este artigo ten por obxecto analizar o contido do programa do novo Goberno que saíu das eleccións do pasado 20 N co fin de avaliar as súas posibilidades de éxito en relación o cumprimento dos seus obxectivos, así como os efectos de toda índole que a aplicación do devandito programa pode manifestar sobre os distintos grupo sociais afectados por el.
No debate actual sobre o déficit e a débeda xógase abusivamente con algunhas simplificación torpes e demagóxicas. Os propagandistas da dereita tratan de identificar déficit con despilfarro. Obviamente, non teñen nada que ver. Pode haber xestión pública eficiente de recursos xestionados en orzamentos con déficit e xestión ineficiente con orzamentos equilibrados. Outros tratan de identificar gasto público con déficit e dan por feito que para reducir o déficit a única vía é a redución do gasto público. Obviamente, tampouco é iso. O asunto está en ter sempre presente que o déficit depende tamén dos ingresos públicos en xeral e dos impostos en particular. É unha trapela interesada falar exclusiva e machaconamente dunha das follas da tesoira como se a outra non entrase no xogo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript