Xaneiro de 2012
 
 

23/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Rajoy acabará cos convenios sectoriais

O presidente electo Mariano Rajoy pedirá a empresarios e sindicatos pórse de acordo nun novo modelo de negociación colectiva, aínda que xa adiantou que acabará cos convenios sectoriais. E vai máis aló, confiará en axencias privadas para suplir a suposta ineficacia do INEM para colocar parados..

 

  • A reforma laboral é unha das medidas máis claras que ten para empezar a paliar o problema dos 5 millóns de parados que deixa rexistrado o Goberno de Zapatero,e con tendencia a empeorar.
     
    Esta reforma é o cuarto obxectivo que Rajoy se fixou para combater a crise económica -logo da UE, o cumprimento dos deberes do déficit e a reestruturación do sistema financeiro- pero tamén no que máis afinou no programa electoral e na formulación que manexa o seu equipo económico.
     
    Para lexislala deuse un prazo que contempla, incluso, o mes de febreiro, neste tempo irán aparecendo dun xeito solto, facendo que pareza “casual”, para que nos vaiamos afacendo, as medidas que logo se nos aplicarán. A técnica é tamén coñecida.

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript