23/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Consellaría de Educación reduce un 22,5% os cursos CELGA
A situación de crise económica e a política de austeridade coa que se lle quere facer fronte xustifícao todo, desde o peche de quirófanos pasando pola privatización da administración pública até a eliminación dunha gran parte dos cursos que posibilitaban a aproximación dos cidadáns galegos/as á súa lingua.
O ataque ven por todas as frontes e ten
como obxectivo, acabar, por un lado, cos
dereitos que considerabamos adquiridos,
fundamento do estado social e de derito, e por
outro coa nosa conciencia como pobo.con valores
e dereitos propios.
Reduce drasticamente os fondos destinados á
realización dos cursos pasando de 450.000€
en
Reduce dun xeito significativo o número de
cursos e localidades, pasando de convocar, en
2011, 58 cursos de xestión directa a 43 cursos
no ano 2012 o que representa unha diminución do
22%.
Reduce, tamén, as localidades nas das
convocatorias, en 2011 convocábanse en A
Coruña, Betanzos, Culleredo, Ferrol, Santiago
de Compostela, Lugo, Ribadeo, Monforte de
Lemos, Vilalba, Viveiro, Sarria, Ourense, O
Barco de Valdeorras, Verín, Celanova,
Ribadavia, Pontevedra e Vigo, pasando na
convocatoria a se realizar, exclusivamente, en
Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo,
Ourense, Pontevedra e Vigo
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript