Xaneiro de 2012
 
 

23/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

As urxencias

As circunstancias nas que o equipo reitoral tomou posesión obrigan a que, de xeito inmediato e urxente teña que tomar unha serie de iniciativas.

 

  • A nivel institucional:

    Sanear a imaxe da institución. O que pasou coas licenzas, agora agravado de ser certas as informacións periodísticas que afirman que se edificou en zona verde, non poden ocorrer. A institución que reclama a legalidade nas relacións coa Comunidade Universitaria e a cidadanía non pode incumprila cando lle interesa (non pode haber dobre moral no seu comportamento).
     
    Non se pode permitir a privatización na institución, neste sentido a Residencia Universitaria é un feito transcendente, hai que poñer toda a forza institucional e colectiva para impedilo, neste camiño nace, a nivel galego, a iniciativa PUDUP (Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública) que comeza a súa andaina.
     
    O equipo reitoral debe estar a fronte do movemento pola residencia pública esencialmente por dous motivos baixo a nosa perspectiva, por un lado a defensa dos servizos públicos que exercen a función de cohesión a social e que posibilitan que, neste caso, a educación superior chegue a todas as capas da sociedade. (non podemos esquecer que o capital privado inviste exclusivamente para o seu beneficio), e por outro lado porque, de consolidarse a privatización, nese centro haberá traballadores/as que non gozarán dos mesmos dereitos que o resto dos que traballamos na Institución.
     
    Recordamos ao novo equipo reitoral e á Comunidade Universitaria que a privatización non só se realiza por este camiño. A existencia da ETT e a externalización de servizos son algo co que este reitor ten que rematar. Está nas súas mans!.
     
    A excelencia, expresión valeira de contido sen unha remisión a elementos concretos nunca se conseguirá na Universidade sen contar con todos os colectivos que conforma a Comunidade Universitaria (para conseguir este obxectivo a nivel académico fai falla dotarse de bos servizos sustentados nunha plantilla de traballadores/as suficiente e ben formados/as).
     
    Implicación económica e social no ámbito de actuación da Universidade. Relacións co seu contorno
    comezando co apoio ás reivindicación das familias expropiadas para, precisamente, poder avanzar na creación de servizos á Comunidade.
     
    A nivel laboral
     
    Cumprimento do establecido tanto nos Estatutos como no Convenio Colectivo:
     
    RPT cada dous anos.

     

     

    2005/2006

    2010/2011

    MATRÍCULA (1º-2º CICLO)

    22.967

    19.967

    PDI

    1369

    1.452

    PAS FUNCIONARIO

    335

    452

    PAS LABORAL

    319

    311

     


    Cumprimento dos compromisos adquiridos en Convenio Colectivo:
     
    Execución da Transitoria II. Desaparición do grupo VIB e preceptivas promocións.
     
    Compromisos adquiridos na campaña e no programa do ex Reitor Barja como o da profesionalización da xestión (desaparecendo a figura dos Adxuntos como Xefes de Servizo)
     
    Precariedade:
     
    Desaparición das ETT
     
    Estabilizar servizos que se proporcionan a través de convenios sobre todo coa Xunta (Oficina de Software Libre, servizos que se ofertan aos alumnos/as como a búsqueda de emprego…, á institución como o de igualdade de  xénero…)

    Estabilizar na plantilla os postos de traballo que, a través de bolseiros, se proporcionan á comunidade universitaria sobre todo en laboratorios e informática.

     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript