Xaneiro de 2012
 
 

23/01/2012

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Apoio á Ciencia na Declaración da Renda 0,7%

Case cen mil persoas apoiaron xa esta iniciativa posta en marcha por parte do científico español Francisco J. Hernández, pola que se pide poder dedicar o 0,7 dos teus impostos á ciencia.

 

  •  

    http://actuable.es/peticiones/casilla-apoyo-la-ciencia-la-declaracion-la-renta
     
    Esta é a páxina onde poder apoiar a petición, na que ten o seguinte escrito:
     
    Esta iniciativa parte do científico español Francisco J. Hernández: http://resistencianumantina.blogspot.com/2012/01/casilla-de-apoyo-la-ciencia-en-la.html
     
    Investir en ciencia agora traería beneficios desproporcionados
     
    O editorial da revista científica Nature de Decembro chamaba aos novos gobernos de España, Italia e Grecia a investir máis en Ciencia. Segundo os analistas, investir en ciencia agora tería traído beneficios desproporcionados. Impulsar a ciencia no sur de Europa, dicían, non só beneficiaría a estes países, se non que farían toda Europa máis competitiva.
     
    Dito e feito; continuando a tradición dos últimos anos do goberno Zapatero, o novo Goberno de Rajoy en España anunciou un recorte de 600 millóns de Euros en I+D+i. O presuposto para 2011 (8600 millóns) era xa un 8% menor que en 2010, á súa vez 15% inferior que o de 2009. Queda claro entón que este novo recorte deixa a Ciencia española nunha situación de emerxencia, nun contexto de crise económica e política nacional. Tamén hai que ter en conta ao estudar esas cifras que boa parte do I+D español financia investigación en tecnoloxía militar e outras causas pouco loables, co que o diñeiro dedicado ao tipo de investigación que quererían maioritariamente os españois é mesmo menor.
     
    A investigación e a innovación son piares fundamentais para o desenvolvemento dunha sociedade moderna
     
    A investigación e a innovación son piares fundamentais para o desenvolvemento dunha sociedade moderna, e demostramos moitas veces que os científicos españois podemos ser tan bos como os do resto de países se nos dan a oportunidade. Dado que os nosos bienamados líderes non parecen querer entendelo, quizais chegase o momento de esixir que nos dean a opción a nós. Esixe unha casa na túa declaración da renda para poder dedicar un 0,7% dos teus impostos á consecución dun mundo mellor!
     
    O noso obxectivo é conseguir un número de firmas máximo, ata o un de febreiro, para que os nosos representantes reflexionen seriamente sobre esta iniciativa e a fagan realidade nas nosas cámaras. (0.7% é a porcentaxe de libre asignación actual na declaración da renda) "
     

     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript