16/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Un ven …
A toma de posesión do
novo Reitor da Universidade seguiu o guión ao pe da
letra.
Coa presenza dos outros Reitores das Universidades
galegas e todo a esfera político-militar da
“comunidade” de testigo realizouse o traspaso de
poderes entre o antigo e o novo Reitor.
Os discursos tampouco foron nada
novidosos. O Presidente da Xunta pedindo
esforzos, colaboración entre as tres
institucións académicas e enxalzando a
política orzamentaria da UDC.
O novo reitor defendeu a necesidade de aportar
polo ensino como ferramenta para saír da
situación actual apostanto firmemente pola
universidade pública.
Neste último aspecto podemos axudarlle. Para
que a UDC sexa realmente pública compre rematar
coas empresas de traballo temporal dentro da
institución, rematar, tamén, coa gran cantidade
de traballo que se externaliza apostando
firmemente polos servizos públicos de calidade
acabando coa precariedade instalada na
institución e reivindicando máis aló dos meros
pronunciamentos a residencia pública que a
universidade precisa e que desde as esferas
políticas lle queren negar, políticos que no
día da toma de posesión fixeron os “esforzos
necesarios” para saíren na foto.
Hai moito máis traballo que facer, cumprir os
acordos asinados, e, mesmo o establecido nos
propios Estatutos da Universidade e Convenio
Colectivo é algo prioritario.
Para que toda estas accións se leven adiante
conta xa co noso ofrecemento para reunirnos e
levalas adiante. Se non procede deste xeito non
deixaremos de facerlle as reclamacións
pertinentes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript