16/01/2012
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Nace a Plataforma Unitaria en Defensa Universidade Pública (PUDUP)
En Compostela xa comezaron a súa andaina e tiveron algunha reunión, agardan pola incorporación das outras universidades galegas.
O noso sindicato apoia a iniciativa.
Intentamos, no seu momento, organizarnos na
Universidade da Coruña para facer fronte á
intención da Xunta de privatizar a residencia
universitaria, na reunión que se convocou a
asistencia de órganos de representación e
sindicatos presentes na comunidade
universitaria foi escaso quedando en intentalo,
de novo, despois das vacacións de Nadal.
É imprescindible organizarnos e tomar
iniciativas que impidan que a UDC sexa a
primeira onde se leven á práctica as políticas
privatizadoras deseñadas pola Xunta.
COMUNICADO
Plataforma Unitaria Defensa Universidade
Pública (PUDUP)
A principios do mes de novembro deste ano, un
grupo de persoas vinculadas a colectivos e
organizacións sindicais que traballan na USC no
ámbito do *PAS funcionario e laboral*, xulgaron
de gran interés poñer a andar algún tipo de
plataforma no que poideramos confluír o
conxunto da *Comunidade Universitaria* cara a
organizar unha defensa decidida da
*Universidade Pública*, convertida desde hai
tempo nunha diana singular das políticas de
recortes xeralizados no conxunto dos servizos
públicos e prestacións sociais que constitúen
os pilares do Estado do Benestar: educación,
sanidade, pensións, etc.
Con estas premisas promoveron unha *xuntanza
aberta* *ao conxunto dos estamentos da
comunidade universitaria* *(PDI, estudantes e
PAS)* para que participasen, se o consideraban
oportuno, ben a título persoal ou como
agrupacións universitarias, tiveran ou non
representación nos órganos de goberno da USC,
incluídas as opcións sindicais, con ou sin
representación en Comités de Empresa ou Xuntas
de Persoal e, en definitiva, aberta a todas as
alternativas políticas, organizadas ou non, que
compartiran os motivos e os obxectivos da
iniciativa.
*O xoves 24 de novembro, *ás* 12:00 horas, *no
*Salón de actos do Colexio Maior Fonseca, tivo
lugar dita xuntanza, á que acudimos
representantes de practicamente todas as
agrupacións de estudantes con presencia na USC,
de varios colectivos de PDI e PAS con presencia
no Claustro e noutros órganos de goberno da
universidade, tamén dos tres sindicatos con
máis representación nos Comités de Empresa e
Xuntas de Persoal e, sobre todo, un número
considerable de persoas dispostas a participar
na iniciativa a título individual. Alí
reafirmamonos globalmente sobre a oportunidade
da posta en marcha desta Plataforma e acordamos
elaborar un manifesto que presentara
públicamente os motivos e os obxectivos que nos
agrupaban detrás desta iniciativa, e comezar xa
a *mobilizar conciencias e vontades que
proporcionen apoio social e político na defensa
da universidade pública e, en xeral, do
conxunto dos servizos públicos hoxe ameazados,
coa fin de confluír con outras plataformas ou
movementos cara a xestar unha gran resposta
social en defensa do Estado do Benestar.
Esta é a páxina da Plataforma.
http://www.pudup.org/
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript